DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, da subministración de clave SC/04/022.08.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas, Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de dous (2) furgóns combi de 6 prazas, gasoil, encadrados no grupo E, para os servizos provinciais de estradas da Coruña e Pontevedra dependentes da CPTOPV da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/04/022.08.

Orzamento base de licitación: trinta e seis mil setecentos euros (36.700 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: un mes desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas, Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 50 45.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/

6. Requisitos específicos do contratista.

Acreditación da solvencia económica e financeira e solvencia técnica: ver puntos nº 7 e nº 8 do cadro de características dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver parágrafo 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas, do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do día seguinte ao do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.7 constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios, por conta do adxudicatario: o importe estimado máximo do DOG por liña, 9,75 euros.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2004.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda