DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.679

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (225/2004).

En Vilagarcía de Arousa o dezanove de setembro de dous mil catro.

María Jesús Pérez Fernández, secretaria substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Vilagarcía de Arousa, dou fe e certifico que nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento

seguidos perante este xulgado co número 225/2004, recaeu a sentenza que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza. En Vilagarcía de Arousa o dezaseis de xuño de dous mil catro. Vistos por Ana Belén Díaz Arias, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de xuízo verbal número 225/2004, sobre desafiuzamento por falta de pagamento de renda, sendo parte demandante Benito Vidal Brea, representado pola procuradora sra. García Romarís e asistido polo letrado sr. Vidal Torrado, e parte demandada Manuel García Miguens, declarada en situación procesual de rebeldía.

Decido: estímase a demanda interposta pola procuradora sra. García Romarís, en nome e representación de Benito Vidal Brea, fronte a Manuel García Miguens, declarando a resolución do contrato de arrendamento que vincula as partes e que recae sobre a vivenda sita na planta baixa da casa sinalada co nº 71 da avenida de Villanueva (O Freixo-Vilaxoán) en Vilagarcía de Arousa, condenando o demandado a que deixe a dita vivenda á disposición do demandante, con apercibimento de lanzamento se non o realiza no prazo legal.

Todo isto con expresa imposición do pagamento das custas causadas neste proceso á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado para, se é o caso, a súa posterior resolución pola audiencia provincial. Así o acorda, manda e asina Ana Belén Díaz Arias, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número dous de Vilagarcía de Arousa».

E para que lle sirva de notificación ao demandado Manuel García Miguens, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no DOG, expido este edicto en Vilagarcía de Arousa, 19 de setembro de 2004.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA