DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.678

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os aspirantes admitidos e excluídos á entrevista da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego e se convocan para a súa realización.

O punto 6 da base décimo cuarta das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde, dispón que á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia as listaxes definitivas de admitidos e excluídos á entrevista por centros ou complexo hospitalario, así como o lugar, a data e a hora de realización da entrevista. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas peticións de reparación entenderanse implícitas na citada publicación.

Por todo iso, esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar, con carácter definitivo, os aspirantes admitidos e excluídos á entrevista da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) das categorías de: microbioloxía e parasitoloxía, oncoloxía médica e rehabilitación.

Segundo.-As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-Convocar os aspirantes admitidos con carácter definitivo para a realización das entrevistas, de conformidade coa seguinte distribución:

Microbioloxía e parasitoloxía: na sede da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), avda. Fernando de Casas Novoa, edificio CNL, 1ª andar, en Santiago de Compostela, día 29 de outubro de 2004, ás 10.00 horas: C.H. de Pontevedra, H.C. de Monforte de Lemos, C.H. de Ourense, C.H. Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; ás 16.00 horas: C.H. Universitario de Santiago de Compostela, C.H. Universitario de Vigo, C.H. Xeral-Calde de Lugo, H.C. da Costa-Burela, H.C. Valdeorras.

Oncoloxía médica: no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, día 3 de novembro de 2004, ás 16.00 horas: C.H. Arquitecto Marcide, C.H. Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, C.H. Universitario de Santiago de Compostela, C.H. Xeral-Calde de Lugo; ás 17,30 horas: C.H. de Ourense, C.H. Universitario de Vigo, C.H. de Pontevedra.

Rehabilitación: no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, día 2 de novembro de 2004, ás 16.30 horas: C.H. Universitario de Vigo, C.H. de Pontevedra, C.H. Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, H.C. da Costa-Burela; día 3 de novembro de 2004, ás 16.30 horas: C.H. Arquitecto Marcide, C.H. Universitario de Santiago de Compostela, C.H. Xeral-Calde de Lugo, C.H. de Ourense, H.C. Valdeorras.

Cuarto.-Os participantes deberán presentarse á entrevista para un dos centros ou complexos hospitalarios para os que estean admitidos.

Os participantes que non procedan da fase de selección que non se presenten á realización da entrevista para un dos centros ou complexos hospitalarios nos que estean admitidos, decaerán nos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar praza ningunha, e manteranse, se é o caso, na súa praza orixinaria e nas mesmas condicións, sen prexuízo do establecido a continuación para os reingresados provisionais.

Os participantes que se atopen en situación de reingreso provisional ao servizo activo que non se presenten á realización da entrevista para un dos centros ou complexos hospitalarios nos que estean admitidos, serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

Os participantes procedentes da situación de persoal estatutario en expectativa de destino que non

se presenten á realización da entrevista para un dos centros ou complexos hospitalarios nos que estean admitidos, decaerán nos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar praza ningunha perdendo a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

Quinto.-Os participantes na fase de provisión que estén admitidos para a realización da entrevista en varios centros ou complexos hospitalarios tan só poderán presentarse á realización dela nun único centro, entendéndose que optan polo primeiro centro ou complexo hospitalario a cuxa entrevista se presenten en primeiro lugar, de tal xeito que non poderán presentarse á entrevista noutro.

No caso de presentarse á entrevista en máis dun centro ou complexo hospitalario decaerán nos seus dereitos nos termos establecidos no punto cuarto anterior.

Sexto.-O persoal que como consecuencia da súa participación na fase de selección correspondente a máis dunha categoría ou, se é o caso, especialidade, accedese á situación de persoal estatutario en expectativa de destino en máis dunha delas, unicamente poderá participar na fase de provisión nunha soa categoría ou especialidade.

Por todo iso, aqueles que estean admitidos para a realización das entrevistas en máis dunha categoría ou especialidade, entenderase que optan por aquela a cuxa entrevista se presenten en primeiro lugar, de tal xeito que non poderán presentarse á entrevista na outra categoría ou especialidade.

No caso de presentarse á entrevista en varias categorías ou especialidades, decaerá nos seus dereitos perdendo a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino na segunda categoría ou especialidade en cuxa entrevista participou.

Sétimo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira das respectivas convocatorias.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS

DE VILAGARCÍA DE AROUSA