DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.671

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 21 de outubro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 002, do grupo V (axudante de traballos ou oficios e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia polo que se fan públicos varios acordos.

En sesión celebrada o día 21 de outubro de 2004, o tribunal designado pola Orde do 21 de xuño de 2004 (DOG nº 124, do 29 de maio), para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 002 (axudante de traballos ou oficios e outras), do grupo V, do persoal laboral fixo de la Xunta de Galicia, quenda de promoción interna e de acceso libre, convocado pola Orde do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro)

ACORDOU:

Primeiro.-Facer pública a puntuación obtida polo opositor Jaime Manuel Domínguez Cordero relativa ao primeiro exercicio da fase de oposición, que se atopa exposta no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos servizos de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, así como na páxina web www.xunta.es. De conformidade co disposto na base II.2.1.a) da convocatoria de acceso libre fixouse en vinte e cinco (25) o número de respostas correctas para obter unha puntuación mínima de dez (10) puntos na proba, unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Segundo.-Facer públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da fase de oposición de la categoría 002 (axudante de traballos ou oficios e outras), quenda de promoción interna e acceso libre, que se atopan expostas no taboleiro de anuncios da Escola Galega de Administración pública, nos servizos de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, así como na páxina web www.xunta.es.

Terceiro.-De conformidade co disposto na base II.2.1.a) da convocatoria de acceso libre superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos na proba, fixándose en vinte e un (21) o número de respostas correctas para obter a dita puntuación na quenda de acceso libre.

No caso da quenda de promoción interna e de conformidade co disposto na base II.2.1.a) da convocatoria superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos na proba, fixándose en dezaoito (18)) o número de respostas correctas para obter a dita puntuación.

Cuarto.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que estimen oportunas en relación á puntuación acadada no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-Convocar o aspirante da quenda de acceso libre que a continuación se cita, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición (proba de galego) que terá lugar o día 4 de novembro ás 16.30 horas na sala de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na planta baixa do bloque 5 do edificio administrativo de San Caetano, en chamamento único.

DNI: 33548839-G.

Nome e apelidos: Marcos Álvarez Pin.

Sexto.-De acordo co establecido na base II.I.6, desde a data do anuncio de publicación no DOG das notas do segundo exercicio da fase de oposición, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para presentar a documentación relativa á fase de concurso, así como fotocopia compulsada da titulación requirida no anexo I, ou certificación académica que acredite a realización de estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite, de modo que faga fe, a posesión do correspondente título académico.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2004.

María Chas de la Calle

Presidenta do tribunal V-A

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO

DE GALICIA