DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2004 pola que se convoca un curso sobre intervención e defensa persoal policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a realización dun curso sobre intervención e defensa persoal policial, que se deberá desenvolver conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación ante as distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia de Ourense.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

20 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de novembro, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Ourense-Departamento de Formación Continua (fax: 988 38 52 15); rúa Progreso nº 30, 32003 Ourense; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase durante os días 19, 20, 26 e 27 de novembro.

O horario será das 17.00 ás 21.00 horas os días 19 e 26; e das 10.00 ás 13.00 e das 16.30 ás 19.30 horas os días 20 e 27.

Contido.

-Prácticas de iniciación na defensa persoal israelí (Krav Maga).

-Prácticas de detencións.

* Situacións.

* Identificacións.

* Cacheos. Precaucións.

* Esposamentos. Tipos.

* Conducións.

* Detencións ao paso.

* Controis.

* Tratamento ao detido.

* Protección de autoridades: técnicas básicas.

-Prácticas de loita aplicada á defensa persoal.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farana pública o día 17 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto a Deputación Provincial de Ourense como a Academia Galega de Seguridade. Os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 988 38 51 42 (Departamento

de Formación Continua da Deputación Provincial de Ourense).

Lugar.

O curso desenvolverase nas instalacións do Pazo de Deportes Paco Paz da Deputación Provincial de Ourense sito na Finca Sevilla, s/n, Ourense.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial de Ourense, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de outubro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA