Dentro das actividades programadas para o ano 2004 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso sobre transportes, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
Actualizar aos membros dos corppos de policía local nos coñecementos e normativa necesarios que
lles poidan ser útiles no desempeño posterior do seu labor profesional.
Publicación.
Esta actividade formativa e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Destinatarios.
O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
30 prazas.
Solicitudes.
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 10 de novembro de 2004, ás 14.00 horas.
3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servizo de Asistencia a Municipios (fax: 981 18 33 13), avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
O curso realizarase en datas do 15 ao 19 de novembro de 2004.
O horario será de 16.30 a 20.30 horas.
Contido.
Módulo I: ámbito e normativa de aplicación.
Módulo II: transporte de mercadorías perigosas.
Módulo III: aparello de control tacógrafo.
Módulo IV: prestación de servizos: transporte escolar, mercadorías perecedoiras, taxis, etc.
Módulo V: práctica de inspección e procedemento sancionador. Documentos de control.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos farase pública o mesmo día 11 de novembro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servizo de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).
Lugar.
O curso desenvolverase no concello de Boiro, na Casa da Cultura Ramón Martínez López.
Certificado de asistencia.
Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.
Modificacións.
Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 18 de outubro de 2004.
Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade