DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2004 pola que se convoca un curso sobre transportes.

Dentro das actividades programadas para o ano 2004 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre transportes, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Actualizar os membros dos corpos e forzas de seguridade nos coñecementos e normativa necesarios que lles poidan ser útiles no desempeño posterior do seu labor profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía local de Galicia e membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e no caso de quedaren prazas vacantes, aos membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 8 de novembro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase durante os días 15, 16 e 17 de novembro.

O horario será das 9.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00 horas durante os días 15 e 16, e das 10.00 ás 14.00 horas o día 17.

Contido.

No curso desenvolveranse os seguintes módulos:

-I. Ámbito e normativa de aplicación. Clasificación. Títulos habilitantes. Distintivos.

-II. Transporte de mercadorías perigosas.

-III. Aparello de control tacógrafo. Tempos de conducción e descanso.

-IV. Prestación de servizos: transporte escolar, mercadorías perecedoiras, taxis, etc.

-V. Práctica de inspección e procedemento sancionador. Documentos de control.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 10 de novembro, a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de outubro de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade