DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se lle dá publicidade á do 27 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Cooperación Local do Ministerio de Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 25 de maio de 2004.

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta dirección xeral, no uso da competencia conferida polo artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 12 de febreiro de 2003, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, modificada pola Orde do 31 de outubro de 2003

DISPÓN:

Dar publicidade á Resolución do 27 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Cooperación Local do Ministerio de Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por resolución da dita dirección xeral do 25 de maio de 2004, e o anexo correspondente ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Esta publicación, en cumprimento da normativa de aplicación, realizase para os exclusivos efectos de publicidade, e non implica apertura de ningún tipo de prazo.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2004.

P.D. (Orde 12-2-2003, modificada pola Orde 31-10-2003)

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local

ANEXO

Resolución do 27 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Cooperación Local do Ministerio de Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Os presidentes das corporacións locais con postos incluídos no concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración

local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 25 de maio de 2004 (Boletín Oficial del Estado do 15 de xuño), remitiron as resolucións de adxudicación correspondentes a esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, tras o estudo conxunto das ditas resolucións, adxudicacións múltiples a favor dun mesmo concursante e unha vez levado a cabo o preceptivo proceso de coordinación ao obxecto de evitar nomeamentos simultáneos en máis dunha corporación, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e no uso das atribucións conferidas no Real decreto 1320/2004, do 28 de maio

RESOLVE:

Primeiro.-Efectuar a asignación final de postos aos concursantes que obtiveran máis dunha adxudicación, atendendo á súa orde de preferencia.

Segundo.-Formalizar os nomeamentos definitivos dos concursantes nos postos adxudicados de acordo coas resolucións das corporacións locais convocantes e unha vez efectuado o proceso de coordinación nos termos establecidos no anexo desta resolución.

Terceiro.-Os postos convocados, e non relacionados no anexo, quedaron desertos tras a fase de coordinación ou non foron adxudicados polas corporacións locais.

Cuarto.-O prazo de toma de posesión dos funcionarios cuxos nomeamentos se formalizan, será de tres días hábiles se se trata de postos na mesma localidade e dun mes, se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferir o cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servizo co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño.

Quinto.-Os funcionarios que non tomen posesión dos postos de traballo obtidos no concurso nos prazos previstos nos artigos anteriores por causas imputables a eles, serán declarados de oficio na situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular, contado desde o último día do prazo de toma de posesión.

Sexto.-As corporacións locais deberán remitir a esta dirección xeral (Subdirección Xeral de Función Pública Local (praza de España, 17, 28071 Madrid) e ao órgano correspondente da comunidade autó

noma respectiva copia da acta de toma de posesión e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Sétimo.-Os postos que quedaron desertos ou non se adxudicaran, incluiranse no próximo concurso unitario de traslados, en cumprimento do disposto no artigo 25.1º b) e c) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño.

Oitavo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante esta dirección xeral ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a elección dos interesados, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ou o correspondente á circunscrición onde teñan o seu domicilio, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, así como nos artigos 10.1º i) e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, se puidera interpoñer.

Comunidade Autónoma de Galicia.

-Secretaria categoría superior:

A Coruña.

Concello de Oleiros 1557001. Paz Taboada, Manuel Alfredo (DNI: 35310648).

-Intervención-Tesouraría categoría superior:

A Coruña.

Deputación Provincial da Coruña 1500101. Pardellas Rivera, José M. (DNI: 50799502).

-Secretaria categoría de entrada:

A Coruña.

Concello de Abegondo 1501001. Alonso Losada, Cristina (DNI: 32821915).

Concello de Melide 1545001. Andrade García, Mª Cruz (DNI: 14582118).

Concello de Sada 1574001. Seijo Frías, Emilio (DNI: 32610221).

Lugo.

Concello de Xove 2725001. Fernández del Olmo, Luis (DNI: 10588613).

-Intervención-Tesouraría categoría de entrada:

Lugo.

Concello de Guitiriz 2722001. Barbeito Montero, Isabel (DNI: 32777918).

-Secretaría-Intervención:

A Coruña.

Concello de Laxe 1539001. Pallín Seco, Froilán (DNI: 33838120).

Concello de Teo 1581001 (adxunto a Secretaría). Nieto Lago, Luis (DNI: 35998046).

Concello de Trazo 1585001. Nartallo Peñas, María José (DNI: 33255957).

Lugo.

Concello de Monterroso 2731001. Vázquez Fandiño, Mónica (DNI: 33295088).

Concello de Rábade 2758501. Carro Asorey, José Antonio (DNI: 7233414).

Ourense.

Concello de Boborás 3213001. Cerdeira Pérez, José Antonio (DNI: 44449637).

Concello de Toén 3280001. Fernández Fernández, Carlos Javier (DNI: 44450478).