DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.645

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 233/2004, do 23 de setembro, polo que se modifica o Decreto 199/2002, do 6 de xuño, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, para o período 2002-2005, e se integra o Decreto 35/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan as subvencións aos arrendatarios no marco do programa bolsa de vivenda en aluguer do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Advertido erro na páxina 13.388 do Diario Oficial de Galicia nº 192, do venres 1 de outubro de 2004, correspondente ao modelo de solicitude para a adquisición protexida doutras vivendas existentes con destino a aluguer, que se inclúe como anexo do decreto antes indicado, cómpre a súa publicación de novo coas correccións efectuadas.