DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.645

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de setembro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de setembro de 2004, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda e do Instituto Galego de Estatística.

Advertidos erros na Resolución do 24 de setembro de 2004, publicada no DOG nº 189, do martes 28 de setembro de 2004, cómpre facer as oportunas correccións:

-Na páxina 13.186, onde di: «Resolución do 24 de setembro de 2004 pola que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda e do Instituto Galego de Estatística», debe dicir: «Resolución do 24 de setembro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de setembro de 2004, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda e do Instituto Galego de Estatística.».

-Na mesma páxina o final do texto da resolución onde di: «Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2004.», debe dicir: «Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2004.».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA