A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme co previsto no artigo 40 Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación de vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as peticións e propostas de modificación realizadas ao abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, polo presidente do ente público Puertos del Estado, e, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
O nomeamento dos seguintes vogais do consello de administración das autoridades portuarias e en representación das Administración xeral do Estado, que a seguir se relacionan:
Autoridade portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría:
-Tomás Bolívar Piñeiro.
-Carlos Gil de las Heras, en representación de Portos do Estado.
Autoridade portuaria da Coruña:
-Julián Maganto López, en representación de Portos do Estado.
-Consuelo Castro Rey.
Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:
-María Jesús Calvo Andrés, en representación de Portos do Estado.
Autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra:
-José Llorca Ortega, en representación de Portos do Estado.
Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría:
-Francisco López Peña.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2004.
Alberto Núñez Feijoo
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA