DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 28 de outubro de 2004 Páx. 14.642

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 21 de outubro de 2004 pola que se dispón o cesamento de vogais do Consello de Administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación de vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración polo que, vistas as peticións e propostas de modificación realizadas ao abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, polo presidente do ente público Portos do Estado, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vogais do consello de administración das autoridades portuarias e en representación das Administración xeral do Estado, agradecéndolles os servizos prestados:

Autoridade portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría:

-Eulogio Rodríguez Trespalacios.

-Juan Ignacio Grau Albert, en representación de Portos do Estado.

Autoridade portuaria da Coruña:

-Carlos Gil de las Heras, en representación de Portos do Estado.

-Fernando García Agudín.

Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:

-Ignacio Rodríguez Sánchez-Arévalo, en representación de Portos do Estado.

Autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra:

-Álvaro Rodríguez Dapena, en representación de Portos do Estado.

Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría:

-Pablo Egerique Martínez.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2004.

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA