DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 27 de outubro de 2004 Páx. 14.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2004 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2004 do Programa de empresas en crise. Axudas de reestruturación. Subvención a fondo perdido.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para o programa de salvamento e reestruturación de empresas en crise establece que se publicará a reserva de crédito dispoñible con cargo a estas para cada exercicio económico.

Con data do 23 de decembro de 2003 o Parlamento de Galicia aprobou os Presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, publicados mediante Lei 8/2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2003).

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer público, de acordo co importe que se relaciona a continuación, a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2004 do Programa de empresas en crise. Axudas de reestruturación. Subvención a fondo perdido, quedando co límite seguinte:

Partida orzamentaria: 02.01-13/02/01.

Finalidade: Programa de empresas en crise. Axudas de reestruturación. Subvención a fondo perdido.

Límite de crédito 2004 A: 452.000.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica