DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 27 de outubro de 2004 Páx. 14.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de outubro de 2004 pola que se modifica a do 5 de agosto de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 18 de agosto), pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados para as ensinanzas de educación infantil para o curso académico 2004-2005.

Examinado o recurso de reposición presentado polo centro privado Casa del Niño, de Santiago de Compostela, contra a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 5 de agosto de 2004 (DOG do 18 de agosto), pola que se lle denega o concerto educativo para 2 unidades de educación infantil.

Resultando que durante o curso 2003-2004, o antedito centro privado, tiña subvencionadas 2 unidades de educación infantil e se lle denega o concerto educativo por entregar a documentación fóra de prazo.

Vistos a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do procedemento administrativo común, e a Orde do 31 de maio de 2004, pola que se regula o réxime de concertos educativos para as ensinanzas de educación infantil en centros docentes privados.

Considerando que o dito centro acredita documentalmente que fixo a súa solicitude dentro do prazo establecido.

Polo anteriormente exposto, esta consellería

DISPÓN:

Estimar o recurso de reposición presentado polo centro privado Casa del Niño, de Santiago de Compostela e, como consecuencia, aprobar, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de

2004, o concerto educativo para dúas (2) unidades de educación infantil.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria