DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 27 de outubro de 2004 Páx. 14.582

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de setembro de 2004 pola que se lle autoriza ao centro privado Esica, de Vigo (Pontevedra), o ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes e o de información e comercialización turísticas e a supresión dos ciclos formativos de grao superior de servizos ao consumidor, secretariado e o de xestión do transporte, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Esica, de Vigo (Pontevedra), en que solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes (en quenda de mañá) e o de información e comercialización turísticas (en quenda de tarde-noite); tamén solicita a supresión

dos ciclos formativos de grao superior de servizos ao consumidor, secretariado e xestión do transporte.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral (BOE do 10); o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de

1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o centro privado Esica, de Vigo (Pontevedra), para impartir o ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes e o de información e comercialización turísticas.

Segundo.-Suprimir os ciclos formativos de grao superior de servizos ao consumidor, secretariado e xestión do transporte, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Enderezo: travesía de Vigo nº 42-44.

Código do centro: 36024367.

Denominación: Centro privado Esica.

Titular: Colegio Marcote, S.L.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

Familia profesional: administración.

1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/unidade).

Familia profesional: hostalería e turismo.

1 ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: comercio e marketing.

1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e marketing (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: hostalería e turismo.

1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 20 alumnos).

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 20 alumnos/unidade).