DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 26 de outubro de 2004 Páx. 14.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frinova, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Frinova, S.A., con nº de código 3601542, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 12-8-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 24-5-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Frinova, S.A., para o ano 2004

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio terá aplicación no centro de traballo de Frinova, S.A., sito no polígono industrial das Gándaras parcela número 9, O Porriño-Pontevedra.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afecta á totalidade do persoal de Frinova, S.A., sito no polígono industrial das Gándaras, parcela número 9, O Porriño-Pontevedra, existente no momento da súa sinatura, así como ao que ingrese posteriormente na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2004 e cun período de vixencia até o 31 de decembro de 2004, e será denunciado por escrito polo menos cun mes de anticipación á data do seu vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Todas as condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia do convenio e por disposicións legais se puidesen establecer.

Salvo o especificado nos artigos 22º e 23º do presente convenio, quen estivese a desfrutar dalgunha ou algunhas condicións máis beneficiosas que as que aquí se establecen, deberá conservalas.

O disposto neste artigo non atinxe o disposto na regulación do complemento de presenza, que soamente se percibirá nos supostos previstos no artigo 29º.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por tres membros de cada unha das partes, social e económica.

Pola parte social, comporase do presidente do comité e un representante de cada central sindical con representación.

Cando para a resolución de calquera asunto non exista acordo, será a maxistratura de traballo competente a que decida.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal atendendo á duración do contrato.

O persoal que presta os seus servizos no centro de traballo afectado polo convenio clasificarase, segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato, en fixo e eventual.

Artigo 7º.-Persoal fixo.

Terá carácter de fixo o persoal que se precisa con carácter continuo para as actividades da empresa e ocupa un posto de traballo permanente no seua cadro de persoal.

O persoal eventual de factoría e cámaras con categoría de mozo ou aprendiz que pase á situación de persoal fixo, ascenderá automaticamente á categoría de operario de 2ª; transcorrido un ano desde o seu paso á situación de fixo, ascenderá á categoría de operario.

O persoal eventual do taller mecánico con categoría de aspirante que pase á situación de persoal fixo ascenderá automaticamente á categoría de oficial de 3ª; transcorrido un ano desde o seu paso a esta situación, ascenderá a oficial de 2ª.

Artigo 8º.-Persoal eventual.

É o que en situacións extraordinarias se contrata por tempo fixo e para un traballo temporal e determinado.

A duración do contrato estará en función da duración do traballo para que foi contratado, observando sempre na súa contratación o disposto no Estatuto dos traballadores e no real decreto baixo cuxo acollemento fosen contratados e o seu contrato individual asinado e selado pola correspondente oficina de emprego, e cuxa copia básica se entregará puntualmente á representación dos traballadores.

Artigo 9º.-Clasificación do persoal atendendo ao grupo profesional.

O persoal ao servizo da empresa incluído no ámbito de aplicación deste convenio queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais:

I. Persoal técnico.

II. Persoal administrativo.

III. Persoal obreiro e actividades auxiliares.

Artigo 10º.-Definición de grupos profesionais.

I . Técnicos: clasifícanse neste grupo os que realizan traballos que exixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia ou práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

Este grupo, pola súa vez, clasifícase nos seguintes subgrupos:

1. Técnicos con título superior.

2. Técnicos con título non superior.

3. Técnicos non titulados.

II. Administrativos: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior.

III. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que exerce fundamentalmente traballos de índole material ou mecánica, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno.

Artigo 11º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo ou na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal de Frinova, S.A., en segundo lugar os fillos dos traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolles o emprego, en calquera caso, se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións non sexan inferiores ás doutro candidato.

A empresa fará pública a existencia de vacantes ou novos postos mediante nota para tal efecto no taboleiro de anuncios con 15 días de anticipación á data prevista para cubrilos.

O comité participará co mesmo número de vogais que a empresa para o control da cualificación nas probas que fosen necesarias para a selección do persoal, ben que non exercerán veto sobre a decisión do empresario, limitándose a súa acción ao prescrito pola lexislación vixente.

Artigo 12º.-Horarios de traballo.

A xornada de traballo especifícase nos horarios que se detallan a seguir, tendo en conta que soamente será exixible o traballo en período nocturno aos que están adscritos á referida quenda na actualidade, aos que no futuro se adscriban voluntariamente, e a aqueles en que así conste no seu contrato.

* Factoría.

Quenda de mañá: de luns a venres de 6.00 a 14.00 horas, con descanso de quince minutos a cargo da empresa.

Quenda de tarde: de luns a venres de 14.00 a 22.00 horas, con descanso de quince minutos a cargo da empresa.

Quenda de noite: de luns a venres de 22.00 a 6.00 horas, con descanso de quince minutos a cargo da empresa.

* Técnicos e administrativos.

Primeira quenda:

-Inverno: de luns a venres, mañá de 8.00 a 14.00 horas e tarde de 15.00 a 17.05 horas.

-Verán: de luns a venres, de 8.00 a 14.30 horas.

Segunda quenda: de luns a venres, mañá de 9.00 a 13.30 horas e tarde de 14.45 a 18.00 horas todo o ano.

Terceira quenda: de luns a venres, mañá de 8.00 a 14.00 horas e tarde de 15.30 a 17.15 horas todo o ano.

* Almacéns.

Primeira quenda: de luns a venres de 6.00 a 14.00 horas e de 14.00 a 22.00 horas con descanso de 15 minutos por quenda a cargo da empresa.

Segunda quenda: de luns a venres, mañá de 8.00 a 14.00 horas e tarde de 15.30 a 17.15 horas todo o ano.

* Cámaras.

Quenda de mañá: de 8.00 a 16.00 horas.

Quenda de tarde: de 16.00 a 24.00 horas.

Quenda de noite: de 24.00 a 8.00 horas.

Todas as quendas descansarán 15 minutos a cargo da empresa.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

De acordo coas disposicións vixentes sobre convenios colectivos, é obxecto destes o incremento de produtividade nas empresas. Ao longo de 2004, cando as circunstancias o aconsellen, a empresa poderá implantar o sistema de remuneración por primas de produción, con carácter xeral, por seccións ou quendas de traballo, de acordo coas circunstancias e as posibilidades perseguidas, podendo ser suspendido con carácter xeral, por seccións ou quendas de traballo, cando as circunstancias o aconsellen, despois de acordo co comité de empresa.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, incluídos traballadores eventuais con contratos para a formación, terá 30 días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do salario da táboa anexa máis antigüidade.

O 24 de decembro e o 31 de decembro considéranse non laborables para todo o persoal.

Outórgase un día laborable, para desfrutar nunha das pontes do ano pactadas no calendario anual.

A forma de desfrute das vacacións para o persoal da sección industrial fixarase nun plan de quendas que elaborará a dirección, de acordo co comité e que se publicará debidamente.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións, estableceranse de mutuo acordo, de modo que se salven os inconvenientes que poidan afectar ao normal desenvolvemento do programa da empresa.

Canto ás vacacións do persoal que polo seu traballo debe cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal modo que aos que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixan, ao ano seguinte corresponderanlles as datas alternativas.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo cos seus xefes respectivos.

Persoal en xeral: do 15 de xuño ao 15 de setembro.

Períodos oficiais de vacacións para ano 2004: todo o persoal, os días 2 e 5 de xaneiro, 5, 6 e 7 de abril, e 11 de outubro.

Dúas quendas de vacacións en verán:

-Primeira quenda: do 19 de xullo ao 8 de agosto, incorporándose o 9 de agosto.

-Segunda quenda: do 9 ao 29 de agosto, incorporándose o 30 de agosto.

Ponte non laborable: o día 7 de decembro.

Dous días non laborables: 24 e 31 de decembro, todo o persoal.

Teranse en conta as normas fixadas no ET e demais vixentes á hora de fixar os calendarios de vacacións por quendas.

Ao persoal que por necesidades da empresa non desfrute das súas vacacións nos períodos oficiais fixados, retribuiráselle un complemento de 128,56 euros.

O persoal que no período oficial se encontrase en situación de IT poderá desfrutar das súas vacacións durante o resto do ano.

Artigo 15º.-Bolsa de vacacións.

A todo o persoal afectado polo presente convenio, a excepción dos traballadores da sección industrial baixo contratos temporais, a empresa retribuiralle unha bolsa de vacacións de 1.010 euros para o ano 2004, que se aboará o 31 de agosto.

Artigo 16º.-Traballo en cámaras.

A dirección da empresa coidará de que se distribúa o traballo de forma tal que non se prolonguen os períodos de estadía ininterrompida do persoal no interior das cámaras de conservación de produtos conxelados por máis dunha hora, debendo permanecer fóra delas por igual período de tempo exercendo outra actividade.

O persoal que realice o seu traballo a temperaturas entre 0 e 10 graos centígrados cobrará un complemento equivalente ao 10% do salario base.

O persoal que traballe no interior das cámaras frigoríficas cobrará un complemento equivalente ao 25% do salario base.

Artigo 17º.-Licenzas retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio, con igual tratamento para matrimonios que para parellas estables, terá dereito a licenzas retribuídas nos casos sinalados no anexo I.

Nos casos en que se teña que acompañar o cónxuxe e fillos a un recoñecemento médico a calquera parte de Galicia, fóra da provincia de Pontevedra por enfermidade: un día retribuído, a Madrid e outras cidades fóra da Comunidade Autónoma de Galicia: tres días, e cando esta saída fose fóra da Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia de intervención cirúrxica ou internamento: cinco días, acreditándose, en todo caso, con certificado médico.

Os casos non incluídos nos puntos anteriores serán estudados pola dirección da empresa para resolvelos adecuadamente.

Para consultas médicas: catro horas para todo o persoal segundo anexo I, excepto para o persoal ao cal polo seu afastamento lle é máis difícil, Moaña, Cangas e Domaio, que terán todo o tempo que lles dure a consulta, debidamente acreditado.

Artigo 18º.-Licenzas non retribuídas.

Sobre licenzas non retribuídas observarase o disposto polas leis respectivas.

Artigo 19º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

A empresa obrígase para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras oficios varios, así como sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando estes a cursasen, polo menos con dous meses de anticipación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Artigo 20º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiario adecuado ao traballo que realiza. En tal caso a empresa proverá o vestiario correspondente.

A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, serán consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais do traballo e do estudo técnico-sanitario do mesmo, así como do informe que en cada caso emita o comité de seguranza e hixiene.

O dito vestiario será de dous equipamentos anuais e un par de calzado. A aqueles que por necesidades do posto de traballo o necesiten, facilitaráselles un par adicional.

Ao persoal de mantemento facilitaránselle dúas fundas, dous traxes de frío e un par de botas, distribuídos segundo as súas necesidades.

Inclúese unha peza de abrigo, consistente nun xersei, que se distribuirá a principios da temporada de inverno, para todo o persoal da sección industrial

e actividades relacionadas con ela, que deberá ser usado por embaixo do uniforme.

O vestiario distribuirase no mes de outubro.

Artigo 21º.-Salarios.

A partir do 1 de xaneiro de 2004 incrementaranse todos os conceptos salariais nun 3,2%, excepto a bolsa de vacacións, e incluído o fondo social e as axudas de custo.

Artigo 22º.-Traballos penosos, insalubres, perigosos e nocivos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima por estes traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Estes traballos pagaranse proporcionalmente ao tempo traballado.

As primas por serra, primas porcionadora, primas produción, primas maquinista caprichos e as primas de rebozado incrementaranse a 0,44 A/hora.

Artigo 23º.-Complemento de tarde.

Incrementarase o complemento de tarde na mesma porcentaxe que os salarios.

Artigo 24º.-Complemento de noite.

O persoal que traballe nesta quenda recibirá unha prima do 25% sobre o salario base, por día traballado.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Todos os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de trienios do 6% sobre o salario base, tendo, como mínimo, por este concepto, o salario mínimo interprofesional.

A antigüidade contarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpre o trienio.

Artigo 26º.-Horas extra.

Durante a vixencia deste convenio aboaranse as horas extras incrementándoas nun 3,2% o valor que tiñan o 31 de decembro de 2004.

As horas extras que se efectúan a partir das 22.00 horas serán aboadas como segundas horas.

A empresa facilitará ao comité mensualmente un resumo co número de horas extras realizadas por chanzo e a súa retribución.

Artigo 27º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, incluídos os traballadores baixo contratos para a formación, desfrutará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan, como se vén facendo até a data.

A partir de 1 de xaneiro de 2004 o persoal da quenda de noite percibirá o complemento de noc

turnidade nas pagas extraordinarias. Estas pagas corresponden a:

A. O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano en que se paga.

B. O día 15 de xullo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ao 30 de xuño do ano en que se paga.

C. O día 15 de outubro. O período de devengo é do 1 de outubro do ano anterior ao da paga até o 30 de setembro do ano en que se paga.

D. O día 15 de decembro. O período de devengo é do 1 de xullo ao 31 de decembro do ano en que se paga.

Estas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes aos días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres.

A paga correspondente ao 15 de marzo para o persoal que ingrese durante o ano farase efectiva o día 31 de decembro, aboándose en parte proporcional. A paga correspondente ao 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ao traballo, e proporcionalmente ao tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade, ou cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

Artigo 28º.-Complemento de distancia.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de complemento de distancia a cantidade que figura na táboa anexa.

Artigo 29º.-Complemento de presenza.

Todo o persoal, como premio por asistencia ao traballo, percibirá, exclusivamente, por día de traballo efectivamente traballado, e en situacións de IT derivadas de accidente de traballo, enfermidade profesional e nas horas sindicais reguladas no artigo 68 c) do Estatuto dos traballadores, o complemento de presenza.

A contía deste complemento será de 2,027 euros por día de traballo efectivo.

Se se producise unha ausencia do traballo por tempo igual ou inferior a media xornada, percibirase a metade do complemento.

O pagamento deste complemento será en pagas mensuais.

Artigo 30º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en máis de 4 horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 13,65 euros. Deberá entón partirse a xornada laboral considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos segundo as circunstancias, para poder realizar o xantar. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se

realicen máis de dúas horas extraordinarias despois desa xornada, en concepto de cea.

O persoal que realice xornada partida cobrará unha axuda de custos de 13,65 A/día.

Os sábados que se precise realizar horas extras por máis de seis horas establecerase un descanso para comer de 30 a 60 minutos e aboarase a axuda de custos de comida cando se continúe por dúas ou máis horas.

Artigo 31º.-Accidentes.

Percibirase a totalidade do salario como se se estivese traballando.

Artigo 32º.- Anticipos

Para casos de necesidade, de acordo entre o comité e a dirección da empresa, adiantarase un máximo de dúas mensualidades, deducíndose en partes iguais nas catro pagas extras seguintes.

A empresa fixa un tope de 12.020 euros para o montante total de anticipos concedidos e non recuperados. Isto quere dicir que non se concederán novos anticipos en canto non se reembolsase á empresa a cantidade necesaria para a concesión solicitada, debendo esperar o traballador a que se dispuxese destes fondos para desfrutar do anticipo solicitado.

Artigo 33º.-Traslados ao Porriño.

A empresa aboará os desprazamentos de Frinova ao Porriño e viceversa para saídas xustificadas e necesarias. En caso de urxencia, a empresa aboará taxis, ambulancia ou o que for necesario, desde a factoría ao centro médico.

Artigo 34º.-Fondo social.

A empresa destinará 28.268,54 euros para cada ano de vixencia do convenio ao fondo social, que será distribuído polo comité de empresa para bolsas de estudo e outros fins sociais. Esta cantidade, acumulada aos restos que puidesen quedar do ano anterior, será distribuída durante o presente ano entre todo o persoal afectado por este convenio.

Artigo 35º.-Xubilación.

Páctase a idade de xubilación aos 65 anos de idade, sempre e cando se cumpra cos requisitos legais para acceder a ela, respectándose os dereitos individuais de cada traballador. Non obstante, a comisión paritaria do convenio realizará os trámites precisos ao obxecto de xestionar perante a Administración a posibilidade de xubilar anticipada e voluntariamente, co 100% do seu salario de cotización, a todos os traballadores maiores de 60 anos. Se a empresa decidise cubrir esas baixas, terá en conta o disposto no art. 11º.

Artigo 36º.-Xubilación parcial.

A dirección da empresa e o comité de empresa colaborarán para facilitar o acceso dos traballadores á xubilación parcial de acordo coa lexislación de carácter xeral.

En todo caso, requirirase o acordo individual entre o traballador/a afectado e a dirección da empresa.

Artigo 37º.- Premio xubilación.

Ao producirse a xubilación, no mínimo que dispón a lei, e que leve máis de 20 anos na empresa, esta concederalle un premio de 2 mensualidades. Se a xubilación se anticipa ao mencionado mínimo, gratificarase con 15 días máis por ano de anticipación.

Artigo 38º.-Seguro de accidentes.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, a empresa garantirá aos seus traballadores ou, se é o caso, aos seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade 56.254,99 euros.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 56.254,99 euros para os primeiros casos, 112.509,98 euros para os segundos e 225.019,98 euros para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de 56.254,99 euros.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 56.254,99 euros para os primeiros casos, 112.509,98 euros para os segundos e 225.019,98 euros para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que se poida dedicar a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta en que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida, como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros, cuxa copia oficial se entregará ao comité de empresa.

Artigo 39º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa garantirá todos os dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, despois de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 40º.-Mobilidade funcional dentro da empresa Frinova, S.A.

1. Cada traballador quedará encadrado dentro dun grupo profesional.

2. A prestación debida por cada traballador quedará delimitada polo seu grupo profesional e, se é o caso, polos grupos profesionais equivalentes.

3. A mobilidade funcional considérase dentro do grupo profesional, sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción. Pode darse excepcionalmente mobilidade funcional con outro grupo profesional equivalente, de acordo coa formación e experiencia profesional do traballador, despois de acordo do comité de empresa para valorar que as causas que o producen son o suficientemente xustificables.

Artigo 41º.-Formación do persoal.

A empresa concede prioridade de escolla de horario e quenda entre os traballadores da súa categoría para os que compatibilicen estudos regrados, conforme o que se expresa nos artigos 22, 23, 24 e 25 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 42º.-Regulamento de réxime interno.

Segundo o acordo entre empresa e comité do 19 de febreiro de 1991, aquela comprométese a elaborar un proxecto de Regulamento de réxime interno que entregará ao comité para o seu estudo, co fin de chegar a un documento final consensuado, que se presentará á asemblea de traballadores e que conterá todos os detalles posibles relativos á organización do traballo, responsabilidades, categorías, faltas, sancións, e todo o que poida resultar de común interese para as relacións entre o traballador e a empresa. Este documento revisaríase anualmente.

Artigo 43º.-Transporte.

Todo o persoal ten dereito a desfrutar dos servizos de autobús nos percorridos e condicións actuais.

Artigo 44º.-Complemento por IT.

Cando o persoal da empresa estea en situación IT, calquera que for a súa causa, percibirá da empresa un complemento de até o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese a traballar. O complemento previsto neste artigo non comprenderá o complemento de presenza, salvo que a IT derive de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Cláusulas adicionais

Primeira.-Coa creación do complemento de presenza neste convenio, a partir do 1 de xullo de 2002 desaparece o complemento de asistencia, de forma que as cantidades que actualmente se perciben por este concepto se incorporan ao complemento de convenio.

Segunda.-Este convenio está subscrito pola comisión negociadora formada por parte da empresa por Fernando Ilarri, director de persoal e recursos humanos do grupo Pescanova, Santiago Gómara Millán, director xerente e Alberto Durán Iglesias, xefe de persoal de Frinova, S.A.

Por parte do comité de empresa :

Alicia Blanco Blanco e Carlos Lago Rodal, de Comisións Obreiras (CC.OO.), Amalia Abalo Carrera, de Unión General de Traballadores (U.G.T.); Amelia Lago Lago e Dolores López Iglesias, de Confederación Intersindical Galega (CIG); José Ferreira Vidal e Víctor López Táboas de Unión Sindical Obreira (USO) e Fernando Rodríguez López como independente/UGT e Jesús Corral Fernández, independente.

Subscriben o presente convenio os abaixo asinantes, como integrantes da comisión negociadora.

Polo comitéPola empresa

Frinova, S.A.

Táboa salarial 2004, en euros

Salario base

Comple. de presenciaComple. de conveniosComple. de distanciaTraballos especiaisComple. de tarde

Locomoción

Total bruto mes

Total bruto ano

Titulados

Grao superior e asimilados644,66411.266,6081,58215,472.249,3134.922,08

Grao medio e asimilados485,0641820,0955,04215,471.616,6624.799,68

Titulados univers. en prácticas485,0641164,8364,07754,9611.874,36

Administrativos

Xefe de primeira584,34411.163,0481,56 215,472.085,4132.299,68

Oficial de primeira485,0641576,0264,071.166,1518.453,40

Oficial de segunda485,0641529,5764,071.119,7017.710,20

Secretaria485,0641385,7463,99975,7915.407,64

Auxiliar de primeira485,0641295,7765,25887,0813.988,28

Auxiliar de segunda485,0641234,0565,01825,1212.996,92

Telefonista485,0641148,72674,7810.591,48

Aspirantes/bolseiros485,0641152,62678,6810.653,88

Salario base

Comple. de presenciaComple. de conveniosComple. de distanciaTraballos especiaisComple. de tarde

Locomoción

Total bruto mes

Total bruto ano

Taller mecánico

Xefe de equipo485,0641642,5970,1221,2119,851.279,8320.192,88

Oficial de primeira mecánico485,0641574,9070,1221,2119,851.212,1419.109,84

Oficial de segunda mecánico485,0641486,3870,121.082,5617.115,96

Oficial de terceira mecánico485,0641200,8370,1221,21 818,2212.886,52

Aspirante mecánico485,0641148,7318,74693,5310.891,48

Oficial de primeira electricista485,0641574,9070,1221,2119,851.212,1419.109,84

Oficial de segunda electricista485,0641450,3070,1221,2119,851.087,5417.116,24

Oficial de terceira electricista485,0641200,8370,1221,21818,2212.886,52

Aspirante electricista485,0641148,7318,74693,5310.891,48

Oficial 2ª oficios varios485,0641486,3870,121.082,5617.115,96

Frigorista485,0641483,62120,9121,211.151,8018.223,80

Axudante frigorista485,0641148,7318,74693,5310.891,48

Factoría

Xefes de produción644,66411.051,7987,25215,472.040,1731.575,84

Encargados485,0641484,8975,9024,7019,851.131,4017.818,00

Especialistas485,0641258,9170,12121,2719,85996,2115.654,96

Operarios/as485,0641295,4980,5821,2119,85943,1914.806,64

Operario de segunda485,0641189,2051,7021,2119,85808,0212.643,92

Mozo485,0641151,91677,9710.642,52

Aprendiz485,0641148,72674,7810.591,48

Cámaras e almacén

Xefe de primeira584,34411.163,0481,56215,472.085,4132.299,68

Oficial de primeira485,0641576,0264,071.166,1518.453,40

Oficial de segunda485,0641529,5764,071.119,7017.710,20

Especialista485,0641258,9170,12121,2719,85996,2115.654,96

Operarios485,0641295,4980,5848,5019,85970,4815.243,28

Operarios de segunda485,0641189,2051,7048,5019,85835,3113.080,56

Mozos485,0641151,9148,50726,4711.418,52

Proceso de datos

Programador485,0641614,9955,04215,471.411,5621.518,08

Operador485,0641568,5755,04215,471.365,1420.775,36

Oficina técnica

Oficial técnico485,0641561,2464,071.151,3718.216,92

Auxiliar de almacén485,0641166,14692,2010.870,20

Novos produtos

Axudante de laboratorio485,0641428,4764,0721,2119,851.059,6616.670,16

Operario485,0641295,4980,5821,2119,85943,1914.806,64

Operario de segunda485,0641189,2051,7021,2119,85808,0212.643,92

Cociñeira/o485,0641409,6564,0721,321.021,1016.132,60

ANEXO I

Motivo da licenzaTempo da licenzaXustificantesObservacións

A. Matrimonio do traballador.Quince días naturais.Libro de familia.Desde o día seguinte ao feito causante sempre que este non sexa día laborable; en caso de ser laborable o día da voda, contaríase desde ese día.

B. Nacemento de fillo.Tres días naturais.Libro de familia.Se o traballador prestase servizos o día do feito causante en xornada inferior á metade, contaríase para o cómputo. Se pola contra, traballou máis da metade da xornada, non se terá en conta para o cómputo.

C. Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento de cónxuxe, pais e fillos.Cinco días naturais (contando desde a data de ingreso ou desde a data da intervención cirúrxica, á escolla do traballador).Certificado médico do hospital, e se for necesario empadroamento.O internamento é motivo do permiso.

Se o traballador prestase servizos o día do feito causante en xornada inferior á metade, contaríase para o cómputo. Se, pola contra, traballou máis da mitade da xornada, no se terá en conta para o cómputo.

C. Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento de pais políticos.Tres días naturais (contando desde a data de ingreso ou desde a data da intervención cirúrxica, á escolla do traballador).Cando o internamento corresponda a unha intervención cirúrxica que non supoña internamento máis que o día da intervención ou anterior á intervención, sen continuación posterior ao día do feito causante, o traballador incorporarase ao traballo ao día seguinte da alta hospitalaria.
C. Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento de fillos políticos.Dous días naturais (contando desde a data de ingreso ou desde a data da intervención cirúrxica, á escolla do traballador.Cando exista máis dun familiar na empresa, o permiso corresponderá a un só traballador ou se repartirá entre os afectados.

Cando se produzan varios internamentos pola mesma causa ou diagnóstico, só o primeiro orixina permiso.

Motivo da licenzaTempo da licenzaXustificantesObservacións

D. Falecemento do cónxuxe, pais e fillos.Tres días retribuídos e dous sen retribuir (provincia).

Catro días retribuídos e un sen retribuir (resto de Galicia).

Cinco días retribuídos (resto de España).

Certificado de defunción ou do párroco, con acreditación de parentesco.Se o traballador prestase servizos o día do feito causante en xornada inferior á metade, contaríase para o cómputo. Se, pola contra, traballou máis da metade da xornada, non se terá en conta para o cómputo.

E. Falecemento de irmáns políticos, avós políticos, tíos e tías, tíos políticos e tías políticas, fillos políticos e sobriños en primeiro grao.Un díaCertificado de defunción ou do párroco, con acreditación de parentesco.O día do enterro.

F. Falecemento de irmáns, avós, netos e pais políticos.Dous días.Certificado de defunción ou do párroco, con acreditación de parentesco.Se o traballador prestase servizos o día do feito causante en xornada inferior á metade, contaríase para o cómputo. Se, pola contra, traballou máis da metade da xornada, non se terá en conta para o cómputo.

G. Intervención cirúrxica, sen internamento de pais, cónxuxe e fillos.Un día.Xustificante médico do hospital.O día do feito causante.

G. Recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos.Un día.Xustificante médico.O día do feito causante, sempre que se acredite a necesidade de acompañante e coincida coa xornada laboral.

H. Cambio de domicilio.Un día.Certificado do servizo de empadroamento.O día do feito causante.

I. Recoñecementos médicos ou probas en centros sanitarios.Un díaXustificante médico.Acreditarase a imposibilidade de asistir ao traballo durante toda a xornada, por parte dos servizos médicos da empresa ou do centro sanitario.

Consulta médica Catro horas.

En caso de asistencia a dous ou máis médicos que coincidan coa xornada laboral máis das catro horas, poderase solicitar permiso desde unha hora antes do primeiro até unha hora despois do último.

Xustificante médico indicando obrigatoriamente a hora de consulta.É de obrigado cumprimento solicitar o permiso con anticipación, excepto casos de urxencia, en que así se debe acreditar.

Non haberá dereito a permiso cando a consulta médica non coincida coa xornada laboral, excepto se entre a hora de consulta e a xornada media menos de dúas horas. Nese caso, poderase incorporar ao seu traballo até dúas horas despois de terminada a consulta.

Deberá traballar o resto da xornada, se lle for posible. De non incorporarse descontaría o tempo que exceda as horas de permiso, sempre que traballase parte da xornada.

O persoal da quenda de noite poderá terminar a súa xornada dúas horas antes como permiso sempre que a consulta médica sexa pola mañá.