DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 22 de outubro de 2004 Páx. 14.366

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 2004 sobre avaliación, promoción e titulación na educación secundaria obrigatoria como consecuencia do disposto no Real decreto 1318/2004, do 28 de maio.

Como consecuencia da publicación do Real decreto 827/2003, do 27 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, introducíronse modificacións normativas en relación á avaliación, promoción e titulación na educación secundaria obrigatoria (ESO) por medio da Orde do 25 de agosto de 2003 (DOG do 15 de setembro), posteriormente ampliada pola Orde do 21 de novembro de 2003 (DOG do 3 de decembro).

Dábase cumprimento, dese xeito, á anticipación na nosa Comunidade Autónoma de diferentes medidas que aparecen contempladas na normativa básica de desenvolvemento da Lei orgánica 10/2002, en particular no Real decreto 831/2003, do 27 de xuño, polo que se establece a ordenación xeral e as ensinanzas comúns da educación secundaria obrigatoria, estando previsto nese momento que, de acordo co calendario establecido polo Real decreto 827/2003, a partir do curso 2004-2005 dese comezo a implantación da nova ordenación, dos cursos primeiro e terceiro de ESO así como do primeiro curso dos programas de iniciación profesional.

Como consecuencia, os aspectos formais do proceso de avaliación das aprendizaxes do alumnado de ESO foron contemplados na citada Orde do 25 de agosto de 2003 desde unha perspectiva de vixencia transitoria, á espera da plena aplicación dos que son determinados pola normativa básica.

O Real decreto 1318/2004, do 28 de maio, polo que se modifica o Real decreto 827/2003 (BOE do 29 de maio), introduciu un aprazamento no calendario de aplicación da nova ordenación da ESO, de tal forma que esta se xeneralizará a partir do curso 2006-2007, permanecendo vixentes os aspectos que foron anticipados no curso 2003-2004.

A presente orde ten por finalidade determinar algúns elementos do proceso de avaliación que deben modificarse como consecuencia da aplicación á educación secundaria obrigatoria das normas antes citadas. En particular, pódense destacar os aspectos relacionados coa avaliación de materias pendentes, así como o establecemento dunha distribución entre os cursos primeiro e segundo dos criterios de avaliación establecidos polo Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 233/2002, do 6 de xuño (DOG do 17 de xullo).

Nesta liña, para a superación das materias pendentes determínanse tres procedementos, que non son mutuamente excluíntes, ademais daqueles que de xeito particular poidan establecer os diferentes departamentos didácticos de cada centro educativo.

Así, contémplanse as actividades de avaliación que se desenvolvan en clases específicas de recuperación das materias pendentes, xunto coa avaliación continua que se realice no curso no que estea matriculado o alumnado, en caso das materias que teñan contidos progresivos. Así mesmo, establécese o dereito do alumnado á realización de probas finais de avaliación.

Finalmente, cómpre sinalar que o establecemento das modificacións nos expedientes académicos e nos libros de escolaridade debidas á introdución da avaliación das materias pendentes será obxecto da correspondente normativa.

En consecuencia, en virtude do establecido nas disposicións derradeira primeira do Decreto 78/1993, derradeira primeira do Decreto 233/2002 e na disposición derradeira segunda do Real decreto 1318/2004, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Esta orde ten por obxecto a regulación do procedemento e criterios para a avaliación, promoción e titulación na educación secundaria obrigatoria que derivan da aplicación do disposto no Real decreto 1318/2004, do 28 de maio, polo que se modifica o Real decreto 827/2003, do 27 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación.

2. O disposto nesta orde será de aplicación en todos os centros educativos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria.

Artigo 2º.-Criterios de avaliación das áreas dos cursos primeiro e segundo de ESO.

Os criterios de avaliación, referente dos desenvolvementos curriculares das áreas dos cursos primeiro e segundo de ESO, serán os que se establecen no anexo I.

Artigo 3º.-Promoción e titulación.

1. Na sesión de avaliación ordinaria só se poderá adoptar a decisión de promoción ou titulación do alumnado que teña avaliación positiva en todas as materias.

2. O alumnado dos cursos primeiro, segundo e terceiro de ESO que após a celebración da avaliación extraordinaria teña unha ou dúas materias cuali

ficadas negativamente promocionará ao curso seguinte con esas materias pendentes de superación.

3. Os centros establecerán nos seus proxectos curriculares os criterios xerais para a posible proposta de titulación do alumnado de cuarto curso que, após a celebración das probas de avaliación extraordinarias, teña unha ou dúas materias cualificadas negativamente, unha vez aplicada a restrición establecida no punto 3º do artigo 4 da Orde do 25 de agosto de 2003. Eses criterios xerais deberán tomar en consideración a madureza académica do alumno en relación cos obxectivos da etapa e as súas posibilidades de progreso.

4. Para os efectos de cómputo do número de materias suspensas establecidos nesta orde, así como nos puntos 1º e 3º do artigo 4 da Orde do 25 de agosto de 2003, deberanse incluír, xunto coas materias pertencentes ao curso que se avalíe, as pendentes de cursos anteriores.

5. O alumnado que non poida permanecer escolarizado no réxime ordinario poderá continuar estudos de educación secundaria obrigatoria no réxime de ensinanzas para as persoas adultas.

Artigo 4º.-Alumnado repetidor que non estea en condicións de promocionar ao curso seguinte.

1. Se, após a sesión de avaliación extraordinaria, un alumno que repite segundo ou terceiro curso non cumpre os requisitos para promocionar ao seguinte, o equipo de avaliación deberá propor, en función das necesidades do alumno, unha opción de entre as que se recollen no anexo II, que terá carácter orientador para o alumno e que se comunicará aos seus pais.

2. De conformidade co artigo 21 da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, o alumnado que se atope nas condicións sinaladas no punto anterior e que teña 16 ou 17 anos de idade poderá continuar escolarizado no réxime ordinario ata cumprir os 18, sempre que o equipo de avaliación considere que o alumno pode acadar o título de graduado en educación secundaria, de acordo coas súas actitudes, intereses e posibilidades de promoción e titulación. Para estes efectos deberase considerar a idade ao 31 de decembro do ano en que se leve a cabo a sesión final de avaliación extraordinaria.

Cando esta decisión, de carácter excepcional, sexa a de non permanencia no réxime ordinario, deberase consignar nas observacións das actas de avaliación e do expediente académico. Así mesmo, o titor deberá elaborar un informe xustificativo da medida, que será aprobado polo equipo de avaliación, no cal se recollerán os elementos obxectivos que sustenten a decisión. Este informe xuntarase ao expediente académico e remitirase copia á inspección educativa.

3. O equipo de avaliación adoptará as decisións baseadas no establecido neste artigo despois de ser oídos os pais, a través do profesorado titor, e co

asesoramento do departamento de orientación ou quen teña atribuídas esas funcións.

Artigo 5º.-Elaboración e cualificación das probas extraordinarias de avaliación.

1. A elaboración das probas extraordinarias de avaliación e a súa cualificación corresponde aos departamentos didácticos responsables de impartir as materias correspondentes.

2. Cando un alumno non se presente á proba extraordinaria dunha materia nos documentos de avaliación farase constar «non presentado», con abreviatura «NP», debendo considerarse a cualificación outorgada na sesión final de avaliación ordinaria, para os efectos que correspondan.

Artigo 6º.-Recuperación de materias pendentes.

1. A coordinación e seguimento da avaliación das aprendizaxes do alumnado que teña materias pendentes de cursos anteriores será responsabilidade dos xefes dos departamentos didácticos correspondentes.

2. Cada ano escolar realizaranse dúas sesións de avaliación das aprendizaxes do alumnado con materias pendentes de cursos anteriores: unha final ordinaria, no mes de xuño, e outra final extraordinaria, no mes de setembro, antes das correspondentes sesións de avaliación final do curso no que estea matriculado o alumnado. Estas sesións, ás cales asistirán os xefes de departamento antes citados, serán presididas polo xefe de estudos do centro.

As actas correspondentes axustaranse ao formato establecido nos anexos da Orde do 25 de agosto de 2003, carecendo de valor a columna sobre decisión de promoción e debendo substituírse, no espazo correspondente para sinatura, «o/a titor/a» por «o/a xefe/a de estudos».

Deberase cubrir unha acta por cada curso actual do alumnado e cada curso a que pertenzan as materias pendentes que se avalían, é dicir, no caso do alumnado de cuarto curso elaborarase unha acta para as materias pendentes de primeiro, outra para as de segundo e outra para as de terceiro, e analogamente para o resto dos cursos.

3. Co obxecto de facilitar ao alumnado a superación das materias pendentes, os departamentos didácticos que as impartan proporanlle plans de traballo, que se incorporarán ás correspondentes programacións didácticas, nos cales se farán constar os contidos exixibles e as actividades de avaliación.

4. Sempre que o permita a dispoñibilidade horaria do profesorado do centro, deberanse desenvolver clases específicas de recuperación, fóra do horario lectivo xeral do centro, que serán de asistencia voluntaria para o alumnado e dunha sesión semanal, que terá carácter de lectiva para o profesorado que as imparta.

Os departamentos didácticos deberán establecer nos plans antes citados os criterios para a superación das materias pendentes a partir dos resultados da

avaliación continua das aprendizaxes do alumnado realizada nesas clases.

5. No caso de materias con contidos progresivos deberase decidir a superación dunha materia pendente se, como consecuencia da avaliación continua da materia pertencente ao curso en que está matriculado, o alumno se considera que alcanzou os obxectivos fixados para a materia pendente, de acordo cos criterios correspondentes, que se deberán recoller nos plans establecidos no punto 3 deste artigo.

Polo tanto, a cualificación positiva dunha materia implicará a superación das materias pendentes con contidos progresivos.

6. Os xefes de departamento deberán facer un seguimento do alumnado con materias pendentes, a través do profesorado responsable das actividades docentes citadas nos puntos anteriores, para avaliar de forma continua os seus progresos.

7. O alumnado terá dereito a realizar no mes de maio e no mes de setembro unha proba final de cada materia que teña pendente. Non obstante, en ningún caso o procedemento para a avaliación das aprendizaxes do alumnado nas materias que teña pendentes poderá limitarse ao establecemento destas probas finais.

8. No caso de materias que non se impartan no centro ou de carencia de xefe de departamento, a dirección do centro determinará que profesorado deberase encargar das tarefas que se establecen neste artigo.

9. Ao comezo de cada ano académico, a secretaría do centro proporcionará a cada departamento didáctico a relación do alumnado coas materias pendentes que lle correspondan.

Artigo 7º.-Actividades de reforzo educativo.

Os centros educativos organizarán actividades de reforzo educativo, de acordo co establecido na Orde do 6 de outubro de 1995, pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral (DOG do 7 de novembro), dirixidas ao alumnado que após a repetición dun curso promocione ao seguinte con máis de dúas materias suspensas, que se desenvolverán dentro do horario ordinario.

Disposicións adicional

Primeira.-Materias avaliadas negativamente no ano académico 2002-2003 ou anteriores.

1. Para os efectos do disposto na presente orde, non se computarán as materias que foran avaliadas negativamente ao remate do ano académico 2002-2003 ou anteriores.

2. Cando un alumno se traslade a outra Comunidade Autónoma e no curso 2002-2003 ou anteriores promocionase con áreas ou materias con avaliación negativa, no seu libro de escolaridade e expediente académico deberase facer constar que de acordo coa correspondente normativa galega (Orde

do 24 de abril de 1994, sobre a avaliación na educación secundaria obrigatoria, DOG do 18 de maio) esas áreas ou materias foron consideradas superadas para todos os efectos.

Segunda.-Programas de diversificación curricular.

1. O alumnado do primeiro curso dos programas de diversificación curricular de dous anos deberá promocionar ao segundo curso, após a celebración da avaliación extraordinaria, independentemente do número de ámbitos e materias que teña suspensas.

2. O alumnado dos programas de diversificación curricular deberá recuperar as materias pendentes dos cursos primeiro e segundo de ESO. Así mesmo, no segundo curso dos programas de diversificación curricular de dous anos deberanse recuperar as materias e ámbitos pendentes pertencentes ao primeiro ano do programa. Nos programas de diversificación curricular dun ano tamén se deberán recuperar as materias pendentes de terceiro de ESO.

Para estes efectos deberase ter en conta o establecido no punto 1 da disposición adicional primeira desta orde.

3. Dentro do marco establecido no punto 5 do artigo 6º, os departamentos didácticos establecerán criterios para determinar, como resultado da avaliación continua, a superación de materias pendentes con contidos progresivos e que forman parte das que se toman como referencia nos currículos das áreas de ámbito do programa de diversificación curricular.

4. Con carácter xeral, a proposta de acceso do alumnado a un programa de diversificación curricular deberá realizarse após a celebración da sesión de avaliación extraordinaria e deberá estar rematado antes do comezo do curso escolar, de xeito que se lle garanta ao alumnado a incorporación ao programa ao inicio do curso.

5. As condicións polas que se poderá propoñer a obtención do título de graduado en educación secundaria do alumnado que curse programas de diversificación curricular serán as mesmas que rexen para o resto do alumnado no relativo ao número máximo de áreas de ámbito, áreas e materias cualificadas negativamente. Non se poderá propoñer para a obtención do título ao alumnado avaliado negativamente na área do ámbito lingüístico e na área do ámbito científico, simultaneamente.

6. O disposto no punto anterior non será de aplicación para o alumnado que iniciase un programa de diversificación curricular de dous anos no curso 2003-2004.

Terceira.-Materias con contidos progresivos.

1. Para os efectos do disposto nesta orde, consideraranse materias con contidos progresivos aquelas materias, áreas e áreas de ámbito que posúan o mesmo nome en diferentes cursos da ESO, non necesariamente consecutivos, que se recollen no anexo III.

2. No caso das áreas de lingua estranxeira e da materia optativa de segunda lingua estranxeira, a consideración de materias con contidos progresivos estará supeditada á continuidade do idioma cursado.

Cuarta.-Alumnado con necesidades educativas específicas.

1. No caso do alumnado con necesidades educativas especiais que fose obxecto das medidas de flexibilización da duración da escolarización que se determinan na Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG do 30 de xaneiro de 2003), deberán modificarse as idades que figuran nesta orde, tomando en consideración o número de flexibilizacións autorizadas.

2. Na aplicación do disposto no punto 2º do artigo 4 desta orde ao alumnado que teña autorizadas adaptacións individualizadas do currículo, conforme o establecido na sección segunda da Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG do 7 de novembro), o equipo de avaliación deberá tomar en consideración a conveniencia da permanencia do alumno no sistema educativo ordinario.

Quinta.-Modificacións doutras normas.

1. No punto primeiro do artigo 9 da orde de avaliación do 25 de abril de 1994, sobre avaliación na educación secundaria obrigatoria (DOG do 18 de maio) substitúese a expresión «primeiro ciclo» por «cursos primeiro e segundo».

2. Modifícase o punto 2º do artigo 5 da Orde do 6 de outubro de 1995, pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral (DOG do 7 de novembro), que terá a seguinte redacción: «O referente de toda adaptación curricular serán os obxectivos xerais de etapa, concretados no proxecto curricular do centro para cada ciclo ou, no caso da educación secundaria obrigatoria, para cada curso. Os obxectivos poderán pertencer, se é o caso, a outro ciclo ou etapa distinto do que curse o alumno obxecto de adaptación curricular».

3. Modifícase o punto d) do artigo 6 da citada Orde do 6 de outubro de 1995, que terá a seguinte redacción: «Terán unha duración mínima dun ciclo educativo, agás na educación secundaria obrigatoria en que poderán desenvolverse só nun curso».

Disposición transitoria

Única.

1. Os centros educativos deberán modificar os seus proxectos curriculares co propósito de executar o establecido no punto 3 do artigo 3º desta orde, así como as súas programacións didácticas, para dar cumprimento ao determinado con relación á avaliación das materias pendentes.

2. Sen prexuízo do establecido no punto 7 das instrucións aprobadas pola Orde do 1 de agosto de 1997, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, e se establece a súa organización e funcionamento (DOG do 2 de setembro) ou, se é o caso, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG do 2 de novembro), durante o curso 2004-2005 os centros poderán enviar á inspección educativa as modificacións da programación xeral anual derivadas do punto anterior antes do 15 de novembro.

Disposicións derrogatorias

Primeira.-Quedan derrogados o segundo parágrafo do artigo 2, o punto 2º do artigo 4 e as disposicións transitoria primeira e segunda da Orde do 25 de agosto de 2003, pola que se ditan instrucións para a aplicación na educación secundaria obrigatoria do establecido na disposición adicional primeira do Real decreto 827/2003, do 27 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación.

Segunda.-Queda derrogado o punto 1º do artigo 10 da Orde do 19 de maio de 1997, pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria (DOG do 6 de xuño).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento.

Autorízase a dirección xeral de Centros e Ordenación Educativa para ditar cantas disposicións sexan precisas para a aplicación do disposto nesta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Criterios de avaliación dos cursos primeiro

e segundo

Ciencias da Natureza

Primeiro curso.

1. Explicar a organización do sistema solar e as características dos movementos da terra e da lúa, así como algunhas das principais concepcións sobre

o sistema planetario que se teñen aceptado ao longo da historia.

2. Razoar por que os elementos químicos máis abundantes no universo son, en xeral, os que teñen o menor número de protóns e explicar as propiedades destes elementos.

3. Realizar correctamente cálculos sinxelos empregando o Sistema Internacional de Unidades.

4. Describir a materia en termos atómico-moleculares. Aplicar o coñecemento da composición universal da materia para explicar a existencia de elementos químicos, tanto en substancias inertes como nos seres vivos, a diferenza entre elementos e compostos, substancias puras e mesturas, sistemas homoxéneos e heteroxéneos. Relacionar estes conceptos cos de mineral, rocha, aire e auga mariña.

5. Diferenciar os estados de agregación da materia, sólido, líquido e gasoso, atendendo a propiedades macroscópicas xerais (forma, dimensións, masa e densidade), relacionándoos, xunto das propiedades da auga, coas peculiaridades da hidrosfera.

6. Coñecer as características fisicoquímicas da terra e a súa incidencia na orixe, desenvolvemento e mantemento da vida.

7. Explicar as funcións comúns todos os seres vivos tendo en conta a teoría celular. Recoñecer a existencia dunha mesma configuración básica e estrutural que permite, a partir das estruturas máis sinxelas, extrapolar datos aos diferentes grupos de seres vivos e establecer as clasificacións oportunas.

8. Establecer os criterios que serven para clasificar os seres vivos. Identificar os principais modelos taxonómicos a que pertencen os animais e plantas máis comúns, subliñando os trazos morfolóxicos máis relevantes e localizando as autóctonas de Galicia no seu contexto natural. Relacionar a presenza de determinadas estruturas coa súa adaptación ao medio. Describir as características principais da especie humana.

Segundo curso.

1. Interpretar os sistemas materiais como partes do universo que a ciencia delimita, a diferentes escalas, para o seu estudo, destacando a enerxía como unha propiedade intrínseca capaz de orixinar cambios neles.

2. Describir algunhas das transformacións que se producen nos sistemas materiais (movemento macroscópico, deformacións, cambios de estado e de orde interna) analizando algunhas das súas causas (actuación de forzas, calor ou transferencia de enerxía). Aplicar estes conceptos ao estudo da terra como sistema material e aos seres vivos.

3. Diferenciar os conceptos de masa e peso, de enerxía cinética e potencial, así como os de calor e temperatura.

4. Analizar a incidencia que teñen algunhas actuacións individuais e sociais relacionadas coa enerxía

sobre a deterioración ou a mellora do ambiente así como sobre a calidade de vida.

5. Explicar fenómenos sinxelos relacionados coa propagación da luz e o son, analizando as súas características, así como as estruturas e o funcionamento dos órganos que os detectan.

6. Relacionar a desigual distribución da enerxía na superficie do planeta coa orixe dos axentes xeolóxicos externos, explicando a incidencia destes na modelaxe do relevo terrestre e na formación das rochas sedimentarias.

7. Relacionar a enerxía interna do planeta co vulcanismo, os terremotos, a formación do relevo e a xénese das rochas magmáticas e metamórficas, situando nun mapa as zonas en que esas manifestacións son máis intensas e frecuentes.

8. Definir os conceptos de nutrición celular e respiración aplicando os coñecementos sobre a obtención de enerxía. Realizar experiencias que poñan de manifesto a incidencia e relevancia dos procesos de fotosíntese e respiración no desenvolvemento da vida.

9. Diferenciar os mecanismos que teñen que utilizar os seres pluricelulares para realizar as súas funcións, distinguindo entre os procesos que producen enerxía e os que a consomen. Distinguir entre nutrición autótrofa e heterótrofa e entre reprodución animal e vexetal.

10. Distinguir os conceptos de biosfera e ecosfera, explicando, mediante esquemas sinxelos, o fluxo de enerxía nos ecosistemas. Caracterizar un ecosistema empregando eses conceptos, recoñecer os seus compoñentes e interpretar algunhas das relacións existentes entre eles, así como a súa repercusión na variabilidade dos ecosistemas.

Ciencias sociais, xeografía e historia

Primeiro curso.

1. Coñecer o planeta terra: forma, dimensións e condicións esenciais que fan posible a vida.

2. Utilizar os distintos tipos de imaxes e outras representacións do espazo terrestre. Localizar en mapas, lugares e espazos concretos. Coñecer a distribución das placas continentais, océanos e estados. Orientarse e calcular distancias. Elaborar esbozos e gráficos.

3. Identificar e localizar os trazos físicos máis destacados: relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos que configuran os grandes medios naturais do planeta con especial referencia aos de Galicia, España e Europa, analizando algúns exemplos representativos das paisaxes naturais e das transformadas pola actividade humana.

4. Distinguir os distintos tipos de medios segundo as súas posibilidades de transformación pola acción humana.

5. Identificar os problemas ambientais máis graves de Galicia, España, Europa e o mundo (deforestación, lixos urbanos e industriais, incendios forestais, construcións e infraestruturas públicas e privadas, etc.) e valorar os riscos que supoñen.

6. Comprender o proceso de hominización e a evolución cultural da humanidade ata a aparición da escritura e analizar os cambios radicais que acompañan a revolución neolítica.

7. Identificar e situar cronolóxica e xeograficamente os principais pobos, sociedades e culturas que se desenvolveron na Península Ibérica na antigüidade.

8. Coñecer os trazos esenciais das primeiras civilizacións históricas e identificar os aspectos orixinais da civilización grega, así como as súas contribucións á civilización occidental.

9. Caracterizar os trazos da civilización romana e valorar a transcendencia da romanización e a pervivencia do seu legado no noso país (España e Galicia).

10. Formar un esquema de comprensión básica do período visigodo como ponte entre a Hispania romana e a época medieval.

11. Obter información a partir de diferentes fontes: documentos escritos, obxectos materiais, imaxes, obras de arte, gráficos, mapas, etc.; interpretar e analizar os cambios experimentados e a súa transcendencia.

12. Identificar e situar cronoloxicamente os vestixios existentes relacionándoos cos pobos ou sociedades que os produciron para comprender mellor as orixes e identidade de Galicia e de España, así como a necesidade de defender o seu patrimonio cultural.

13. Participar en debates e discusións, empregando argumentacións razoadas con actitude crítica e tolerante

Segundo curso.

1. Coñecer a distribución da poboación no mundo, diferenciando rexións e estados pola densidade de poboación, a súa dinámica e estrutura, aplicando os conceptos de superpoboación, migración e envellecemento a distintas escalas.

2. Interpretar mapas temáticos sobre poboación e elaborar e interpretar gráficos sobre feitos demográficos.

3. Coñecer e diferenciar a través da análise de exemplos concretos o funcionamento da actividade económica, os seus mecanismos básicos e os seus axentes.

4. Caracterizar e localizar os principais sistemas económicos e analizar os problemas máis significativos en Galicia, España e Europa. Elaborar e interpretar gráficos e mapas temáticos.

5. Identificar, analizar e valorar a división técnica e social do traballo e as súas consecuencias socioeconómicas. Coñecer a dinámica da sociedade e a organización do mundo laboral con especial referencia a Europa e a España.

6. Analizar a situación de violación dos dereitos humanos: pobreza, violencia, discriminación, desigualdade e explotación.

7. Identificar e localizar as comunidades autónomas españolas, os estados da Unión Europea e os estados do mundo. Interpretar mapas políticos.

8. Coñecer a organización político-administrativa do Estado Español, as súas institucións, as normas que as rexen e as distintas formas de participación cidadá, aplicando ese coñecemento en debates sobre feitos da actualidade e en comportamentos ou actitudes cotiás.

9. Coñecer os principios e fundamentos que rexen as sociedades democráticas e valorar os dereitos humanos como unha conquista irrenunciable da humanidade.

10. Destacar a transcendencia da ruptura da unidade do mundo mediterráneo e a configuración de tres modelos de civilización distintos: Bizancio, o Islam e a Cristiandade latina.

11. Identificar e describir os aspectos socioeconómicos, políticos e ideolóxicos da Europa feudal e a súa evolución ata a aparición do Estado moderno.

12. Distinguir e situar no tempo e no espazo as diversas unidades políticas que se sucederon ou coexistiron na Península Ibérica durante a época medieval, analizando os aspectos comúns e as súas peculiaridades.

13. Percibir a transcendencia dos aspectos culturais da época medieval e a súa contribución á riqueza do noso patrimonio histórico-artístico.

Educación física

Primeiro curso.

1. Identificar e coñecer que exercicios serven para realizar quecementos xerais.

2. Incrementar as capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas neste primeiro curso, e sempre tendo en conta a mellora do seu nivel inicial de partida.

3. Identificar e utilizar as posturas corporais correctas na vida cotiá.

4. Coñecer e empregar no medio natural, de forma sinxela, o manexo do plano, escala e compás así como adoptar unha actitude crítica ante a falta de coidados e conservación do dito medio.

5. Empregar as habilidades específicas aprendidas en situacións reais de práctica, neste curso, prestando atención aos elementos de percepción e execución.

6. Practicar en situacións reais, xogos e deportes, aplicando as técnicas, elaborando estratexias de ataque e defensa e cumprindo as regras.

7. Participar de forma activa na realización de actividades físico-deportivas, respectando as regras e normas establecidas e responsabilizándose da adecuada utilización dos medios materiais e instalacións.

8. Identificar as manifestacións lúdico-deportivas propias de Galicia, coñecendo e practicando algún xogo popular infantil.

9. Manifestar estados emotivos e ideas e utilizar técnicas de expresión xestual, tanto individual como colectivamente.

10. Mostrar unha actitude de tolerancia e deportividade, tanto cando se adopta o papel de participante como o de espectador.

11. Aceptar as diferenzas individuais de habilidade e respectar a execución dos demais, sen que sexan obxecto de discriminación por razóns de sexo, raza, condición física etc.

Segundo curso.

1. Confeccionar autonomamente un catálogo dos diferentes exercicios que se poidan utilizar para elaborar quecementos xerais.

2. Coñecer, identificar e incrementar as capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas durante o curso, mellorando con respecto ao seu nivel de partida, realizadas por si mesmo e polos demais.

3. Empregar a respiración e a relaxación como técnica que favorece o autocontrol.

4. Utilizar as técnicas básicas das actividades no medio natural que se leven á práctica e adoptar unha actitude crítica ante a falta de coidado e conservación a que dito medio está sometido.

5. Empregar as habilidades específicas aprendidas en situacións reais de práctica, neste segundo curso, prestando atención aos elementos de percepción e execución.

6. Practicar, en situacións reais de práctica, xogos e deportes, aplicando as regras, a técnica, e elaborar estratexias de ataque e defensa.

7. Participar de forma activa na realización de actividades físico-deportivas, respectando as regras e normas establecidas e responsabilizándose da adecuada utilización dos materiais e instalacións.

8. Coñecer e practicar os xogos e deportes tradicionais galegos.

9. Manifestar, individual e colectivamente, estados emotivos e ideas e, se coñece, técnicas de expresión corporal mediante xestos, masaxes e posturas. Utilizar o espazo e o ritmo. E practicar actividades expresivas (mimo, danza,...) sinxelas en pequeno grupo ou individual, dándolle un matiz expresivo, e adaptando, se é o caso, a execución dos compañeiros.

10. Mostrar unha actitude de tolerancia e deportividade, tanto cando se adopta o papel de participante como o de espectador.

Educación plástica e visual

Primeiro curso.

1. Recoñecer as distintas manifestacións da linguaxe visual nas imaxes do contorno e clasificalas segundo a súa finalidade.

2. Describir gráfica e plasticamente unha forma dada identificando os seus elementos constitutivos: configuración estrutural, textura e cor.

3. Diferenciar a variedade de texturas visuais e táctiles que se poden producir con diversas técnicas e materiais.

4. Describir graficamente formas identificando a súa orientación espacial e a relación entre as súas direccións.

5. Representar figuras do natural mediante o encaixe e o claroscuro.

6. Debuxar formas xeométricas simples empregando procedementos técnicos axeitados.

7. Representar con formas planas sensacións espaciais, utilizando cambios de tamaño, superposicións e contrastes.

8. Representar un espazo do contorno, utilizando como recurso expresivo o contraste lumínico.

9. Valorar os aspectos estéticos dos feitos artísticos contemporáneos e dos que compoñen o patrimonio cultural galego.

Lingua castelá e literatura

Primeiro curso.

1. Captar as ideas esenciais de textos orais de diferente tipo reproducindo o seu contido en textos orais e escritos.

2. Elaborar o resumo dunha exposición oral sobre un tema específico e coñecido, reflectindo os principais puntos de vista dos participantes.

3. Sintetizar oralmente o sentido global de textos expositivos sinxelos identificando as súas intencións, diferenciando as ideas principais das secundarias, e dando unha opinión persoal.

4. Expoñer oralmente e de xeito sistemático o desenvolvemento dun tema, seguindo un plan ou guión previo, axustando o tema á situación comunicativa e mantendo a atención ao receptor.

5. Crear textos de diferente tipo (narrativos, expositivos e dialogados) axeitándoos á situación comunicativa, cun vocabulario rico e variado e respectando os criterios de corrección e presentación.

6. Consultar, individualmente e en equipo, dicionarios especializados e outras obras de consulta.

7. Identificar o xénero a que pertence un texto literario e recoñecer os seus elementos estruturais básicos.

8. Identificar as principais relacións de significado entre os elementos léxicos.

9. Recoñecer as diferentes unidades gramaticais da lingua e ser capaz de empregalas no uso oral e escrito do español.

10. Identificar algúns trazos lingüísticos propios de distintos usos sociais da lingua (en especial os de carácter social e estilístico) mediante a observación directa e a comprobación de producións diversas.

11. Manexar os procesadores de textos e ser capaz de aplicalos a traballos sinxelos.

Segundo curso.

1. Captar as ideas esenciais de textos orais de diferente tipo e distinto nivel de formalización, reproducindo o seu contido en textos orais e escritos.

2. Elaborar o resumo dunha exposición ou argumentación oral sobre un tema específico e coñecido, reflectindo os principais argumentos e puntos de vista dos participantes.

3. Sintetizar oralmente o sentido global de textos expositivos e argumentativos sinxelos de distinto nivel de formalización identificando as súas intencións, diferenciando as ideas principais das secundarias, recoñecendo as posibles incoherencias no contido e dando unha opinión persoal.

4. Integrar informacións procedentes de diferentes textos sobre un tema co fin de elaborar un texto de síntese en que se contemplen tanto as principais informacións e puntos de vista atopados como o punto de vista propio.

5. Expoñer oralmente e de xeito sistemático o desenvolvemento dun tema, seguindo un plan ou guión previo, axustando o tema á situación comunicativa e mantendo a atención ao receptor.

6. Crear textos de diferente tipo (narrativos, expositivos e dialogados) axeitándoos á situación comunicativa, cun vocabulario rico e variado e respectando os criterios de corrección e presentación.

7. Consultar, individualmente e en equipo, dicionarios especializados e outras obras de consulta.

8. Identificar o xénero a que pertence un texto literario lido na súa totalidade e recoñecer os seus elementos estruturais básicos e os grandes tipos de recursos lingüísticos empregados nel.

9. Identificar as principais relacións de significado entre os elementos léxicos.

10. Recoñecer as diferentes unidades gramaticais da lingua, as súas clases e relacións, e ser capaz de empregalas no uso oral e escrito do español.

11. Localizar as linguas constitucionais e as grandes variedades dialectais de España, coñecendo algúns trazos da súa historia.

12. Identificar algúns trazos lingüísticos propios de distintos usos sociais da lingua (en especial os de carácter social e estilístico) mediante a obser

vación directa e a comprobación de producións diversas.

13. Manexar os procesadores de textos e ser capaz de aplicalos a traballos sinxelos de investigación, utilizando os medios informáticos complementarios (Internet, bases de datos, CD-ROM, procesadores de textos, etcétera).

Lingua galega e literatura

Primeiro curso.

1. Utilizar a lingua galega oralmente e por escrito, da forma máis axeitada á situación comunicativa.

2. Utilizar a lingua galega oralmente e por escrito para elaborar descricións, narracións e diálogos, atendendo ás súas diferentes estruturas formais.

3. Utilizar a lingua galega para elaborar información, respectando as convencións ortográficas, a partir dos medios de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.

4. Integrar os vínculos que se establecen entre a persoa, o territorio, a cultura e a lingua.

5. Recoñecer a diversidade lingüística e cultural de Galicia, de España e do mundo.

6. Integrar os elementos formais e os mecanismos da lingua nas propias producións, atendendo á adecuación das estruturas morfolóxicas e sintácticas.

7. Integrar informacións escritas procedentes de textos diversos referidos a un mesmo tema, coa finalidade de elaborar un texto de síntese que reflicta as informacións e os puntos de vista principais, así como as propias opinións.

8. Elaborar un resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema determinado.

9. Debater sobre un tema, após a busca e selección de información, establecendo unha liña argumentativa propia e respectando as regras sociocomunicativas e pragmáticas que rexen o debate.

10. Recoñecer os xéneros literarios máis comúns (narrativa, lírica, dramática), nunha obra literaria, e emitir unha opinión valorativa sobre ela.

11. Producir textos escritos de diferente tipoloxía, prestando atención á situación comunicativa e aos criterios de corrección establecidos.

Segundo curso.

1. Utilizar a lingua galega oralmente e por escrito, da forma máis axeitada á situación comunicativa.

2. Utilizar a lingua galega oralmente e por escrito para elaborar todo tipo de producións (descricións, narracións, diálogos, etc.) atendendo ás súas diferentes estruturas formais.

3. Utilizar a lingua galega para elaborar información, respectando as convencións ortográficas, a partir dos medios de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.

4. Integrar os vínculos que se establecen entre a persoa, o territorio, a cultura e a lingua.

5. Identificar os fenómenos de contacto da lingua galega con outras linguas.

6. Integrar os elementos formais e os mecanismos da lingua nas propias producións, atendendo á adecuación das estruturas morfolóxicas e sintácticas.

7. Integrar informacións escritas procedentes de textos diversos referidos a un mesmo tema, coa finalidade de elaborar un texto de síntese que reflicta as informacións e os puntos de vista principais, así como as propias opinións.

8. Elaborar un resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema determinado.

9. Debater sobre un tema, após a busca e selección de información, establecendo unha liña argumentativa propia e respectando as regras sociocomunicativas e pragmáticas que rexen o debate.

10. Identificar o xénero a que pertence unha obra literaria, recoñecer os seus elementos estruturais e os recursos estilísticos básicos e emitir unha opinión valorativa sobre ela.

11. Producir textos escritos de diferente tipoloxía (narrativa, descritiva, expositiva, argumentativa, etc.), prestando atención á situación comunicativa e aos criterios de corrección establecidos.

Lingua estranxeira

Primeiro curso.

1. Identificar a información global e específica en mensaxes orais emitidas por casetes, vídeos, etc., en que se produzan situacións de comunicación previamente traballadas, que lle resulten familiares ao alumno, así como tamén en textos escritos moi sinxelos e de extensión limitada (descritivos) anticipando o significado dalgúns elementos a través do contexto.

2. Participar en conversas moi sinxelas empregando fórmulas básicas de interacción social e de situacións coñecidas podendo cometer sempre algún erro que non impida a comunicación nas relacións sociais.

3. Ler individualmente textos escritos adaptados ao seu nivel coa axuda do dicionario para obter información, xa sexa global ou específica con finalidades diversas asentando as estratexias para unha futura aprendizaxe máis complexa. Os textos deben conter apoio gráfico con información redundante que facilite a súa comprensión.

4. Elaborar textos curtos e sinxelos tales como notas persoais, cartas, invitacións, felicitacións, pequenas enquisas, facendo uso adecuado dos elementos básicos de cohesión, así como dos signos de puntuación logrando que sexan comprensibles para ao lector.5. Tomar conciencia e manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos básicos da lingua estranxeira a través de actividades sinxelas do seu funcionamento no discurso oral e escrito: nocións, funcións, elementos morfolóxicos, sintác

ticos, fonolóxicos e léxicos máis habituais e elementais aplicados a situacións de comunicacións habituais en tarefas de expresión oral e escrita.

6. Inducir a partir da observación de regularidades e mediante actividades as estruturas básicas do idioma e aplicar procesos de indución e dedución a partir delas.

7. Establecer relacións entre funcións da linguaxe, conceptos gramaticais e expoñentes lingüísticos.

8. Comezar a empregar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais a través de actividades de aula e reflexionar sobre eles.

9. Recoñecer de forma contextualizada aspectos relevantes dos países da lingua estranxeira nos textos orais ou escritos con que se traballa.

10. Recoñecer os rexistros, as variedades, as fórmulas, os estilos dos interlocutores e a intencionalidade nas situacións máis habituais de comunicación.

11. Identificar as peculiaridades, costumes e tradicións máis características dos países onde se fala a lingua estranxeira e contrastalas coas que se transmiten no propio país.

Segundo curso.

1. Identificar a información global e específica en textos orais (conversacións, exposicións breves e diálogos) sobre temas que lle resulten familiares ao alumno, así como tamén en textos escritos sinxelos e de extensión limitada (descritivos e narrativos), sendo capaz de anticipar o significado dalgúns elementos a través do contexto.

2. Participar en intercambios orais breves, relativos a situacións coñecidas, empregar unha linguaxe sinxela e incorporar expresións comúns nas relacións sociais.

3. Ler individualmente, utilizando o dicionario con eficacia, textos con apoio visual e libros sinxelos para xoves, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

4. Redactar mensaxes curtas e sinxelas sobre temas cotiáns utilizando os conectores e o léxico apropiados, e que sexan comprensibles para o lector. Prestarase atención aos pasos seguidos para mellorar a produción escrita.

5. Manifestar na práctica o coñecemento dos aspectos formais do código da lingua estranxeira (morfoloxía, sintaxe e fonoloxía) tanto a través de actividades contextualizadas sobre puntos concretos como pola súa correcta utilización nas tarefas de expresión oral e escrita.

6. Inducir regras de funcionamento da lingua estranxeira a partir da observación de regularidades e aplicar procesos de indución e dedución de forma alternativa.

7. Establecer relacións entre funcións da linguaxe, conceptos gramaticais e expoñentes lingüísticos.

8. Utilizar termos lingüísticos básicos para referirse a elementos gramaticais tanto nos procesos de uso como de reflexión sobre eles.

9. Recoñecer os elementos socioculturais que se presenten de forma explícita ou implícita nos textos con que se traballa e identificar informacións culturais.

10. Usar rexistros, variedades, fórmulas e estilos adecuados á situación de comunicación, ao interlocutor e a súa intencionalidade comunicativa.

11. Utilizar o coñecemento dos aspectos socioculturais que transmite a lingua estranxeira como contraste cos propios.

Matemáticas

Primeiro curso.

1. Utilizar de forma adecuada os números enteiros, as fraccións e os decimais para resolver situacións relacionadas coa vida cotiá.

2. Elixir, ao resolver un determinado problema, o tipo de cálculo axeitado (mental ou manual) e darlle significado ás operacións e resultados obtidos, de acordo co enunciado.

3. Estimar e calcular expresións sinxelas en que aparezan números enteiros e fraccionarios (baseadas nas operacións elementais e potencias de expoñente natural que involucren, como máximo, dúas operacións encadeadas e unha paréntese), aplicando correctamente as regras de prioridade e facendo un uso adecuado dos signos e das parénteses.

4. Manexar as distintas unidades de medida e as súas relacións, empregando convenientemente o factor de conversión, regra de tres simple e as porcentaxes, para resolver problemas relacionados coa vida cotiá.

5. Recoñecer, debuxar e describir os elementos e propiedades características das figuras planas elementais.

6. Utilizar as fórmulas adecuadas para obter lonxitudes e áreas das figuras planas nun contexto de resolución de problemas xeométricos.

7. Descubrir a información práctica de gráficas sinxelas (de trazo continuo) nun contexto de resolución de problemas relacionados con fenómenos naturais e da vida cotiá.

Segundo curso.

1. Utilizar de forma adecuada os números enteiros, as fraccións, os decimais e as raíces cadradas para resolver situacións relacionadas coa vida cotiá.

2. Elixir, ao resolver un determinado problema, o tipo de cálculo axeitado (mental, manual ou con calculadora) e darlle significado ás operacións e resultados obtidos, de acordo co enunciado.

3. Estimar e calcular expresións sinxelas en que aparezan números enteiros, fraccionarios e radicais básicos (baseadas nas operacións elementais que involucren, como máximo, dúas operacións encadea

das e unha paréntese), aplicando correctamente as regras de prioridade e facendo un uso adecuado dos signos e as parénteses.

4. Utilizar as aproximacións numéricas, por defecto e por exceso, relacionadas elixíndoas e valorándoas de forma conveniente na resolución de problemas, desde a toma de datos ata a solución.

5. Simbolizar e resolver problemas sinxelos utilizando métodos numéricos, gráficos ou alxébricos, cando se baseen na aplicación de fórmulas coñecidas ou na resolución de ecuacións sinxelas de primeiro grao.

6. Manexar as distintas unidades de medidas (angulares, temporais, monetarias e do sistema métrico decimal) e as súas relacións, empregando convenientemente o factor de conversión, regra de tres simple, directa e inversa, e porcentaxes, para estimar e efectuar medidas, directas e indirectas, e resolver problemas relacionados coa vida cotiá e valorando o grao de precisión.

7. Recoñecer, debuxar e describir os elementos e propiedades características das figuras planas, os corpos elementais e as súas configuracións xeométricas a través de ilustracións, de exemplos tomados da vida real ou nun contexto de resolución de problemas xeométricos.

8. Empregar o teorema de Pitágoras e demais fórmulas adecuadas para obter lonxitudes, áreas e volumes das figuras planas e dos corpos elementais, nun contexto de resolución de problemas xeométricos.

9. Interpretar e utilizar as relacións de proporcionalidade xeométrica entre segmentos de figuras planas utilizando o teorema de Tales e os criterios de semellanza. Construír figuras semellantes a outras nunha razón dada. Utilizar adecuadamente as escalas numéricas e gráficas para coñecer as dimensións reais de figuras representadas en mapas ou planos.

10. Representar e interpretar puntos e gráficas cartesianas de relacións funcionais sinxelas, baseadas na proporcionalidade directa, que veñan dadas a través de táboas de valores e intercambiar información entre esas táboas e as gráficas.

11. Obter e interpretar as táboas de frecuencias, diagramas, así como as medidas de centralización dunha distribución discreta (moda e media aritmética), utilizando a calculadora cando sexa necesario.

Música

Segundo curso.

1. Recoñecer os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical, empregando unha linguaxe técnica apropiada ao referirse a eles.

2. Diferenciar as sonoridades e a forma dos instrumentos orquestrais, así como dos pertencentes á tradición musical de Galicia, e as tesituras de voz máis comúns.

3. Distinguir os elementos que se empregan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; clave de sol e fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan á intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etcétera).

4. Recoñecer e aplicar os elementos rítmicos básicos a través da lectura, a interpretación e a audición de pequenas obras, ou ben de fragmentos musicais.

5. Apreciar e distinguir os esquemas rítmico-melódicos, así como os elementos harmónicos básicos empregados na creación musical.

6. Improvisar e interpretar estruturas musicais elementais construídas sobre os modos e as escalas máis sinxelas e os ritmos máis comúns.

7. Analizar e comprender os conceptos de monodia e de polifonía e recoñecer, a través da audición, estes tipos de textura e as formas máis sinxelas da construción musical.

8. Relacionar basicamente a música con algunhas das outras manifestacións artísticas.

9. Intervir nas actividades de interpretación musical (vogal, instrumental ou de movemento) adaptando a súa expresión ao conxunto e respectando as normas básicas de actuación.

Tecnoloxía

Primeiro curso.

1. Citar propiedades básicas da madeira como material técnico, enumerar algunhas das súas variedades e transformados máis utilizados, identificándoos nas aplicacións técnicas máis usuais, e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabamento de forma correcta, mantendo os criterios de seguranza axeitados.

2. Utilizar algunha ferramenta simple para desenvolver unha tarefa sinxela aplicando as normas de uso e os criterios de seguranza axeitados.

3. Expresar mediante vistas e perspectivas obxectos e sistemas técnicos sinxelos.

4. Identificar, en estruturas elementais e en sistemas sinxelos, elementos resistentes e os esforzos a que están sometidos.

5. Sinalar nunha máquina elemental sinxela os elementos simples que a compoñen.

6. Identificar os elementos fundamentais dun circuíto eléctrico sinxelo de corrente continua e describir brevemente a súa función dentro del.

7. Identificar os compoñentes fundamentais dun ordenador tipo e os seus periféricos máis comúns.

8. Realizar pequenos informes sobre as tarefas e os traballos técnicos desenvolvidos, utilizando o ordenador para procesar textos e confeccionar debuxos sinxelos.

Segundo curso.

1. Citar propiedades básicas dos metais como materiais técnicos, enumerar algunhas das súas variedades e transformados máis utilizados, identificándoos nas aplicacións técnicas máis usuais, e empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabamento de forma correcta, mantendo os criterios de seguranza axeitados.

2. Utilizar algunha ferramenta simple para desenvolver unha tarefa sinxela aplicando as normas de uso e os criterios de seguranza axeitados.

3. Expresar mediante vistas e perspectivas obxectos e sistemas técnicos sinxelos co propósito de comunicar un traballo tecnolóxico.

4. Identificar, en estruturas e sistemas sinxelos, elementos resistentes e os esforzos a que están sometidos.

5. Sinalar, nunha máquina complexa elemental, os mecanismos simples de transformación e transmisión de movementos que a compoñen, e explicar brevemente o seu funcionamento en conxunto e calcular as relacións de transmisión, no caso que proceda.

6. Realizar a montaxe dun circuíto eléctrico sinxelo en corrente continua, empregando pilas, interruptores, conmutadores, resistencias, lámpadas, motores, electroimáns e relés, como resposta a un fin determinado.

7. Distinguir as partes dun motor de explosión e describir elementalmente o seu funcionamento.

8. Identificar os compoñentes fundamentais dun ordenador tipo e os seus periféricos máis comúns, explicando brevemente a súa misión no conxunto.

9. Realizar pequenos informes sobre as tarefas e os traballos técnicos desenvolvidos, utilizando o ordenador para confeccionar pequenas follas de cálculo, con sinxelas fórmulas de cálculo, e elaborar gráficas.

ANEXO II

Posibilidades de promoción e titulación

Situación académica do alumno ao final do cursoPosibilidades de promoción ou titulación

1º superado ou cun máximo de dúas materias cualificadas negativamentePromoción a 2º curso, con materias pendentes se as houbera

1º con tres ou máis materias non superadas, sen estar repetindo cursoRepetición de 1º

1º con tres ou máis materias non superadas, repetindo cursoPromoción a 2º con materias pendentes

2º superado ou cun máximo de dúas materias, de 1º ou 2º, cualificadas negativamentePromoción a 3º curso, con materias pendentes se as houbera

2º con tres ou máis materias non superadas, de 1º ou 2º, sen estar repetindo cursoRepetición de 2º

2º con tres ou máis materias non superadas, de 1º ou 2º, repetindo cursoPromoción a 3º con materias pendentes ou incorporación a un programa de diversificación curricular de dous anos, se o alumno ten 16

3º superado ou cun máximo de dúas materias, deste curso ou dos anteriores, cualificadas negativamentePromoción a 4º curso, con materias pendentes se as houbera

3º con tres ou máis materias non superadas, deste curso ou dos anteriores, sen estar repetindo cursoRepetición de 3º ou incorporación a un programa de diversificación curricular de un ou dous anos, se o alumno ten 16

Situación académica do alumno ao final do cursoPosibilidades de promoción ou titulación

3º con tres ou máis materias non superadas, deste curso ou dos anteriores, repetindo cursoPromoción a 4º con materias pendentes ou incorporación a un programa de diversificación curricular de un ou dous anos, se o alumno ten 16, ou, se ten 17, a un PDC dun ano.

4º superadoProposta de título

4º cun máximo de dúas materias, deste curso ou dos anteriores, cualificadas negativamente que non sexan matemáticas e lingua castelá, matemáticas e lingua galega ou lingua castelá e lingua galega, sen estar repetindo cursoProposta excepcional de título ou repetición de 4º ou incorporación a un PDC dun ano, se o alumno ten 17

4º cun máximo de dúas materias, deste curso ou dos anteriores, cualificadas negativamente que non sexan matemáticas e lingua castelá, matemáticas e lingua galega ou lingua castelá e lingua galega, repetindo cursoProposta excepcional de título ou incorporación a un PDC dun ano, se o alumno ten 17, ou acreditación dos estudos realizados

4º con tres ou máis materias non superadas, deste curso ou dos anteriores, ou dúas non superadas que sexan matemáticas e lingua castelá, matemáticas e lingua galega ou lingua castelá e lingua galega, deste curso ou dos anteriores, sen estar repetindo cursoRepetición de 4º

4º con tres ou máis materias non superadas, deste curso ou dos anteriores, ou dúas non superadas que sexan matemáticas e lingua castelá, matemáticas e lingua galega ou lingua castelá e lingua galega, deste curso ou dos anteriores, repetindo cursoIncorporación a un PDC dun ano, se o alumno ten 17, ou acreditación dos estudos realizados

Primeiro curso dun PDC de dous anosSegundo curso do PDC

Segundo curso dun PDC de dous anosProposta de título ou acreditación dos estudos realizados

Programa de diversificación curricular dun anoProposta de título ou acreditación dos estudos realizados

* No caso do alumnado con necesidades educativas específicas, e que fose obxecto de medidas de flexibilización da permanencia no ensino básico, non serán de aplicación as idades que figuran neste cadro, debendo tomarse en consideración o número de flexibilizacións de idade autorizadas.

* Nas opcións que inclúan programas de diversificación curricular, estes só se poderán considerar cando sexan impartidos no centro e o alumno ou alumna reúna os requisitos establecidos na Orde do 19 de maio de 1997, pola que se regulan os programas de diversificación curricular na educación secundaria obrigatoria.

ANEXO III

Materias con contidos progresivos

* Áreas: educación física, educación plástica e visual, lingua castelá e literatura, lingua estranxeira, lingua galega e literatura, matemáticas e relixión.

* Materias optativas: cultura clásica, segunda lingua estranxeira, obradoiro de comunicación oral e obradoiro de matemáticas.

Así mesmo, tamén terán a consideración de materias con contidos progresivos as áreas de ámbito dos programas de diversificación curricular de dous anos.