DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 21 de outubro de 2004 Páx. 14.306

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 15 de outubro de 2004 pola que se nomean os vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

O Decreto 200/2004, do 29 de xullo, polo que se crea o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e se regula o Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, dispón no seu artigo 14 a composición e procedemento de nomeamento dos vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Ao abeiro do previsto no devandito decreto realizáronse as propostas de designación por parte das consellerías con competencia en sanidade e industria, polas organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia e pola organización empresarial máis representativa de carácter intersectorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Co obxecto de procurar o funcionamento do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, como o órgano colexiado asesor da Administración da Xunta de Galicia na formulación das políticas de prevención e o órgano de participación institucional en materia de seguridade e saúde laboral, cómpre efectuar, de acordo coas propostas realizadas, os nomeamentos dos vogais do consello.

Polo anterior, e facendo uso da autorización prevista no artigo 14.3º do Decreto 200/2004, do 29 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Noméanse como vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta das correspondentes consellerías, as persoas que se relacionan a seguir:

Pola Consellería de Sanidade:

Titular: José Ignacio Lema Piñeiro, director da División de Recursos Humanos do Sergas.

Pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio:

Titular: Ramón Ordás Badía, director xeral de Industria, Enerxía e Minas.

2. Noméanse como vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta das súas correspondentes organizacións sindicais, as persoas que se relacionan a seguir:

Pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

Titular: Manuel Golpe Gómez.

Suplente: Víctor Fernández Prieto.

Titular: Manuel García González.

Suplente: Mª Félix Atanes Blanco.

Polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia:

Titular: Hortensia Álvarez Folgar.

Suplente: José Domato Lago.

Titular: José Manuel Valcárcel Riveiro.

Suplente: Mariano Amil Serantes.

Pola Confederación Intersindical Galega:

Titular: Fernando R. Acuña Rúa.

Suplente: Antón Bouza Rey.

Titular: Mª Carme Antas Pérez.

Suplente: Xoán Xosé Bouzas Aboi.

3. Noméanse como vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta da organización empresarial, as persoas que se relacionan a seguir:

Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Titular: José Antonio Neira Cortés.

Suplente: José Manuel Maceira Blanco.

Titular: Sonia Pardo Díaz.

Suplente: Ana Sánchez Rodríguez.

Titular: Mario Cardama Barrientos.

Suplente: José Manuel Rodríguez Simón.

Titular: Cesáreo Fernández Ríos.

Suplente: Alejandro Emilio Pérez González.

Titular: Alfonso Alvarellos Galvé.

Suplente: María Botana Rocamonde.

Titular: Fausto Santamarina Fernández.

Suplente: José Manuel Gómez Estévez.

Artigo 2º

Realizará as funcións da secretaría do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral a xefa do Servizo de Seguridade e Saúde Laboral, Mª José Miñones Conde.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais