DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 20 de outubro de 2004 Páx. 14.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 11 de outubro de 2004 pola que se nomean os membros do xurado do premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos premios Galicia de Investigación 2004.

A orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 30 de abril de 2004 (DOG do 6 de maio) convoca o premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos premios Galicia de Investigación 2004.

Na base quinta do artigo 1 da devandita orde establécese a composición do xurado. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ao nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos premios Galicia de Investigación 2004, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: Pedro Merino Gómez, director xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Vogais:

-Manuel Balseiro González, director da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga).

-José Manuel Castro Pérez, subdirector de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

-Alberto Tizón Martín, subdirector xeral de Tecnoloxía da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

-Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Secretario: José Manuel Cotos Yánez, subdirector xeral de Planificación e Xestión Técnica da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio