DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 20 de outubro de 2004 Páx. 14.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de outubro de 2004 pola que se modifica a do 5 de maio de 2004, pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 5 de decembro de 2003, pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.

A Orde do 6 de outubro de 2004 introduce as modificacións que cómpre facer á Orde do 5 de maio de 2004 (DOG do 14 de maio), pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 5 de decembro de 2003 (DOG do 16 de decembro) que regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.

Vista a proposta formulada pola comisión constituída ao abeiro do artigo 4 da devandita orde, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A aceptación das renuncias ás subvencións concedidas aos proxectos que se relacionan no anexo I.

Artigo 2º

A concesión de axudas, polo importe que se especifica, aos proxectos relacionados no anexo II, de acordo cos criterios establecidos na Orde do 5 de decembro de 2003.

Artigo 3º

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da reso

lución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

NÚMERO

EXPEDIENTE

SOLICITANTE

OBXECTO

DA SUBVENCIÓN

IMPORTE

2004/000197-0ASOC. SOCIAL GALEGA DE VIVENDAS COMUNITARIASBASE A: TRÍPTICO INFORMATIVO490

2004/000721-0ASOC. SOCIOCULTURAL E VECIÑAL DE AMILBASE B: PREMIO FOMENTO DO GALEGO400

2004/001008-0ASOC. DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMERBASE A: BOLETÍNS INFORMATIVOS490

ANEXO II

NÚMERO

EXPEDIENTE

SOLICITANTE

OBXECTO

DA SUBVENCIÓN

IMPORTE

2004/000372-0ASOC. DE RENOVACIÓN PEDAGÓXICA PAIDES E PARTHENOIREVISTA PROFESIONAIS DA EDUCACIÓN1.380