DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 20 de outubro de 2004 Páx. 14.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de setembro de 2004 pola que se autoriza o centro privado Luis Vives de Ourense para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos en quenda de tarde-noite.

Visto o expediente sobre autorización para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, no centro privado Luis Vives de Ourense; iniciado ao abeiro do artigo 5 do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro conta con autorización definitiva, por Orde do 30 de xaneiro de 1997 (DOG do 26 de febreiro), para impartir educación secundaria obrigatoria.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 14 do Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar o centro privado Luis Vives de Ourense para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Aira de Fonsillón nº 4.

Denominación: centro privado Luis Vives.

Código do centro: 32016728.

Titular: Luis Vives-Ourense, Sociedad Cooperativa Limitada.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 6 unidades.

b) Educación primaria: 12 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria:

8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e a de tecnoloxía.

d) Educación especial: 1 unidade.

e) Educación básica de adultos (quenda de tarde-noite):

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.