DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 20 de outubro de 2004 Páx. 14.219

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ACORDO do 13 de outubro de 2004, do tribunal designado para xulgar as probas para a obtención do certificado de capacitación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista distribuidor, polo que se elevan a definitivas as relacións provisionais de admitidos e excluídos.

En xuntanza celebrada o 13 de outubro de 2004, para dar cumprimento ao establecido na Resolución

do 1 de xullo de 2004, pola que se convocan probas para a obtención da capacitación profesional para a actividade de transportista por estrada, axencia de transportes, transitario e almacenista-distribuidor, este tribunal

ACORDOU:

Elevar a definitivas a listas provisionais de admitidos e excluídos nas devanditas probas, unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de documentación por parte dos aspirantes que figuran na relación de excluídos, e anunciar a súa exposición pública de conformidade coa base cuarta punto 4 da resolución da convocatoria, nos organismos seguintes: servizos centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servizos provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Transportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2004.

David González Coalla

Presidente do tribunal