DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 18 de outubro de 2004 Páx. 14.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2004 pola que se crea un ficheiro de datos de ofertantes e solicitantes de vivenda para estudantes nesta universidade.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión de ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Polo que antecede, esta reitoría

DISPÓN:

Primeiro.-Mediante esta resolución, a Universidade da Coruña crea o ficheiro especificado no anexo, que contén a información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Segundo.-O Servizo de Atención e Promoción ao Estudante (SAPE), responsable deste ficheiro, adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, dereitos e obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados no ficheiro da Universidade da Coruña, aos que se refire o anexo só serán utilizados para os fins expre

samente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Para a cesión de datos ás administracións públicas haberá que aterse ao disposto na normativa vixente na materia.

A Coruña, 16 de setembro de 2004.

José María Barja Pérez

Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Ficheiro de nova creación da Universidade da Coruña.

Ofertantes e solicitantes de vivenda para estudantes na Universidade da Coruña.

A) A finalidade e uso previsto do ficheiro:

A finalidade é crear un espazo na internet denominado «Taboleiro de Vivenda» cunha xestión automatizada, para acoller os anuncios de oferta e demanda de vivenda dentro do ámbito universitario.

B) Persoas ou colectivos dos que se recollerán datos de carácter persoal:

Formarán parte do ficheiro todas aquelas persoas que desexen inserir un anuncio de oferta ou demanda de aluguer de vivenda.

C) O procedemento de recollida de datos de carácter persoal:

O ficheiro estará automatizado, sendo recollidos os datos mediante transmisión electrónica de datos/internet.

D) A estrutura básica do ficheiro e a descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel:

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo electrónico, teléfono.

Datos de carácter patrimonial: enderezo e características do inmoble.

E) As cesións de datos de carácter persoal:

Non se prevé cesión de datos.

F) Os órganos das administracións responsables do ficheiro:

Será responsable do ficheiro o Servizo de Atención e Promoción ao Estudante (SAPE) da Universidade da Coruña.

G) Os servizos ou unidades ante os que se puidesen exercer os dereitos de acceso, modificación, cancelación ou oposición:

Os anteditos dereitos poderán exercerse ante o Servizo de Atención e Promoción ao Estudante, a través da súa Área de Información Xuvenil. Sendo a localización do servizo a seguinte:

Casa do Francés. Campus da Zapateira. 15071. A Coruña.

H) As medidas de seguridade con indicación do nivel exixible:

Aplícase o nivel básico, estando recollidas no Documento de Seguridade da Área de Información Xuvenil do Servizo de Atención e Promoción ao Estudante da Universidade da Coruña.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA