DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 18 de outubro de 2004 Páx. 14.127

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2004 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I a esta resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan no dito anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos exixidos no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos especificamente no dito anexo I.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Aten

ción ao Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgáraselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixar a realización das probas ou controis que considere oportunos ou requirir a presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas aos servizos de persoal do centro directivo ao que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ao 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspender a realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación aos interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2004.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: xestión de centros de educación secundaria con XADEWeb (7 edicións).

1. Obxectivos.

Aproximar os usuarios ao emprego de aplicacións en contorno web. Capacitar os usuarios para poderen levar a cabo a xestión administrativa e académica dun centro de educación secundaria mediante a aplicación.

2. Destinatarios.

Administrativos e auxiliares administrativos de centros educativos públicos dependentes da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

3.1. Desempeñar a súa función en centros que impartan os niveis de educación secundaria. Acre

ditarase con certificación expedida polo secretario do centro educativo.

3.2. Coñecemento da actual aplicación de xestión de centros XADE-Centros. Acreditarase con certificación expedida polo secretario do centro educativo.

3.3. Ser funcionario de carreira.

3.4. En caso de empate terán preferencia os solicitantes de máis antigüidade na Administración. Fotocopia da última credencial de recoñecemento de trienio. No caso de solicitantes con menos de 3 anos de antigüidade na Administración pública, dilixencia da toma de posesión no posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de novembro.

4.3. Horarios: das 18.00 ás 21.00 horas. En todas as edicións o último día impartiranse dúas horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Aplicacións en contorno web: estrutura e nocións básicas sobre o funcionamento da aplicación. Configuración da aplicación en contorno web: datos por

defecto, configuracións de inicio de curso, usuarios e perfís. A xestión do profesorado en contorno web: altas, modificacións, xestión de substitutos, control de asistencia e baixas, histórico. A xestión do persoal non docente en contorno web: altas, control de asistencia e baixas. A xestión do alumnado en contorno web: altas, modificacións, control de asistencia, avaliación, expedientes, histórico. Xestión de secretaría en contorno web: entradas e saídas, inventario, libros de escolaridade e reunións de órganos colexiados. Informes: informes predefinidos e xestor de informes en contorno web.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ao curso dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela; e presentaranse no rexistro da dita consellería, ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.