DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 18 de outubro de 2004 Páx. 14.113

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de setembro de 2004 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de artes plásticas e deseño Atlántico de Vigo (Pontevedra), para impartir os ciclos formativos de grao medio de engastado en quenda de tarde-noite e o de procedementos de xoiería artística en quenda de mañá, ambos os dous da familia profesional de xoiería de arte.

Examinado o expediente que presenta José Carlos Pereira Calviño, no que solicita autorización para a apertura e funcionamento do centro privado de artes plásticas e deseño Atlántico de Vigo (Pontevedra), para impartir os ciclos formativos de grao medio de engastado en quenda de tarde-noite e o de procedementos de xoiería artística en quenda de mañá, ambos os dous da familia profesional de xoiería de arte.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28 de abril), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas; o Decreto 253/1995, do 29 de setembro (DOG do 11 de outubro), sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, e a Orde do 5 de decembro de 1995 (DOG do 7 de febreiro de 1996) pola que se desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ao solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado de artes plásticas e deseño Atlántico de Vigo (Pontevedra), para impartir os ciclos formativos de grao medio de engastado en quenda de tarde-noite e o de procedementos de xoiería artística en quenda de mañá, ambos os dous da familia profesional de xoiería de arte, segundo os datos que se especifican no anexo.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Cabral.

Enderezo: avda. da Ponte, 9.

Código do centro: 36024533.

Denominación xenérica: centro privado autorizado de artes plásticas e deseño.

Denominación específica: Atlántico.

Titular: Escuela Técnica de Joyería del Atlántico, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: xoiería de arte.

1 ciclo formativo de grao medio de engastado (1 unidade para 20 alumnos) en quenda de tarde-noite.

1 ciclo formativo de grao medio de procedementos de xoiería artística (2 unidades para 20 alumnos/unidade).