DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 15 de outubro de 2004 Páx. 14.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2004 pola que se fai pública a reforma da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, acordada polo Pleno en sesión do día 29 de setembro de 2004.

De conformidade co disposto no artigo 8, letra j) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación cos artigos 6 e 25 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, o Pleno do Consello de Contas, en sesión do día 29 de setembro de 2004, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a vixente relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia nos seguintes termos:

-No posto de traballo número 057, a columna Denominación pasa a ser «Auxiliar-administrativo (se

cretario/a, nivel 30)», a columna Grupo pasa a ser «C-D» e a columna Corpo/escala pasa a ser «Administrativo/auxiliar da Comunidade Autónoma galega, Estado, CC.AA., OO.AA., CC.LL. e SS.».

-No posto de traballo número 060, a columna Denominación pasa a ser «Auxiliar-administrativo», a columna Grupo pasa a ser «C-D» e a columna Corpo/escala pasa a ser «Administrativo/auxiliar da Comunidade Autónoma galega, Estado, CC.AA., OO.AA., CC.LL. e SS.».

Segundo.-Crear un novo posto de traballo:

Nº: 074.

Denom.: administrativo informática.

Vac.: si.

C.D.: 22.

C. esp.: 5.562,96.

Tipo: NS.

F. pr.: LD.

Grupo: C.

Corpo/escala: administrativo da Comunidade Autónoma galega, Estado, CC.AA., OO.AA., CC.LL. e SS.

Tit. acad.:

Form.: experiencia en programación e asistencia técnica ao usuario.

Obs.:

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2004.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA