DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 14 de outubro de 2004 Páx. 14.006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de setembro de 2004 pola que se fai pública a validación do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2º establece que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega aos licenciados en Filoloxía e aos diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concederlle a validación do curso de especialidade en lingua galega á persoa que se relacionan a seguir, por reunir os requisitos establecidos no artigo 2º da Orde do 26 de novembro de 1993:

María de los Ángeles González Domínguez 34984996.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expediralle o correspondente diploma.

Disposicion derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria