DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 13 de outubro de 2004 Páx. 13.946

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 6/2004, do 12 de xullo, reformadora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia número 141, do día 22 de xullo de 2004, publicouse a citada lei. Advertidos erros no seu texto, procédese á súa corrección nos seguintes termos:

Na páxina 10.452, columna dereita, artigo 6º.1 a), di: «A súa representación ordinaria e a representación ordinaria deste e a convocatoria das sesións do Pleno» e debe dicir: «A representación ordinaria deste e a convocatoria das sesións do Pleno».