DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 08 de outubro de 2004 Páx. 13.836

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 241/2004, do 7 de outubro, polo que se dispón o nomeamento do secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 8, parágrafo 2º, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, por proposta conxunta dos conselleiros de Economía e Facenda e de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de consulta coas organizacións empresariais e sindicais representadas no consello,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméase secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia, a Eliseo Sastre Serrano.

Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL