DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 07 de outubro de 2004 Páx. 13.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2003-2004.

En virtude da autorización conferida pola disposición adicional primeira da Orde do 1 de xullo de 2004, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2003-2004, e de conformidade co establecido no artigo 7 desa orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2004.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación

Educativa

ANEXO

Tribunal

Presidente: Emilio Pérez Sánchez, inspector de Educación, por delegación do director xeral de Centros e Ordenación Educativa.

Vogais:

Pedro Álvarez Boo, catedrático de ensino secundario.

Fermín Álvarez Lata, inspector de Educación.

Arturo Fernández Novoa, catedrático de ensino secundario.

Constantino Freire Lamas, inspector de Educación.

María Cruz García Alonso, catedrática de ensino secundario.

Modesto Hermida García, inspector de Educación.

Agustín Hermida López, inspector de Educación.

Samuel Lago Fernández, inspector de Educación.

Pilar Miravalles González, inspectora de Educación.

José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.

Rodrigo Porral Mato, inspector de Educación.

Fernando del Pozo Andrés, inspector de Educación.

Faustino Salgado López, inspector de Educación.

María Florinda Sánchez Fernández, catedrática de ensino secundario.

María del Carmen Valderrama Currás, catedrática de ensino secundario.

Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

José Antonio Vázquez Quiroga, catedrático de ensino secundario.

Andrés Vilán Pérez, catedrático de ensino secundario.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL