DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 07 de outubro de 2004 Páx. 13.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2004 pola que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

A entrada en vigor do Decreto 82/2004, do 23 de abril (DOG nº 85, do 4 de maio), polo que se modifica o Decreto 223/2003, do 11 de abril, que establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, fai necesario aprobar unha nova relación de postos de traballo da dita consellería e do Instituto Galego de Consumo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de setembro de dous mil catro, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar a nova relación de postos de traballo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e do organismo autónomo Instituto Galego de Consumo, nos termos que se sinalan no anexo ao presente acordo.

Segundo.-Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar de libre designación, ademais dos postos de traballo con nivel de complemento de destino comprendido entre 28 (inclusive) e 30, os de nivel inferior que a continuación se relacionan, de acordo coas motivacións que se especifican, todo

iso de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia:

CódigoDenominaciónMotivación

ICA010000015770054Xefe Sección HabilitaciónEspecial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

ICC020000115770011Xefe Negociado Habilitación e Gastos Correntes

ICC020000115770015Xefe Sección Habilitación e Persoal

ICC030000215770035Sección de Habilitación

ICC991000015001219Xefe Negociado Habilitación

ICC991000027001106Xefe Negociado Habilitación

ICC991000032001106Xefe Negociado Habilitación

ICC991000036001107Xefe Negociado Habilitación

ICA010000015770037Xefe Sección Seguridade ProdutosEspeciais características do posto polo grao de confidencialidade e as consecuencias das decisións que se adopten de cara á exixencia de responsabilidade patrimonial da Administración.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e tres de setembro de dous mil catro, relativo á aprobación da nova relación de postos de traballo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e do Instituto Galego de Consumo coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

* Código-Descrición das titulacións académicas.

2005 Enxeñaría industrial.

2006 Enxeñaría de minas.

2010 Enxeñaría de telecomunicac.

2019 Enxeñaría superior.

2021 Lic. biolóxicas.

2027 Lic. farmacia.

2028 Lic. física.

2035 Lic. químicas.

2062 Licenciado en dereito.

3005 Enx. técn. industrial.

3006 Enx. técn. mineira.

3019 Enxeñaría técnica.

* Código-Descrición das formacións específicas.

007 Exp. xestión orzamentaria.

020 Coñecementos informática nivel usuario.

030 Coñecementos inglés.

032 Coñecementos francés.

034 Coñecemento de idiomas.

142 Coñecementos de inglés (R.I.).

523 Diploma de directivo.

640 Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641 Para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

756 Exper. axudas estruturais.

901 Experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos.

902 Experiencia en laboratorios de ensaios químicos-industriais.

903 Formación ou experiencia en materia de propiedade industrial.

952 Exp. en inspección de consumo.

978 Exp. en xestión e admón. de empresas.

* Código-Descrición doutras administracións.

A11 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A17 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

* Código-Descrición dos complementos salariais.

B10 Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

B11 Complemento salarial de singularidade por toxicidade.