DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 07 de outubro de 2004 Páx. 13.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de setembro de 2004 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

O incremento de tarefas no Servizo de Recursos Mariños da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Coruña, así como a redistribución de funcións derivadas do Decreto 125/2002, do 4 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da dita consellería, fan necesario a modificación da súa actual relación de postos de traballo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de

Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de setembro de dous mil catro, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modificar a vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, nos termos que se sinalan no anexo ao presente acordo.

Segundo.-Ordenar a publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e tres de setembro de dous mil catro, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública