DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 05 de outubro de 2004 Páx. 13.521

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2004 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Aula Nosa da Coruña para impartir educación básica de adultos.

Examinado o expediente presentado pola titularidade do centro privado Aula Nosa da Coruña, no que solicita autorización definitiva para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de mañá e de tarde-noite; iniciado ao abeiro do artigo 5 do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 14 do Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros e a proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado Aula Nosa da Coruña, para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de mañá e de tarde-noite, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no devandito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Mosteiro de Caaveiro, 1 baixo.

Denominación: centro privado Aula Nosa.

Código do centro: 15032438.

Titular: Centro de Ensino Vagalume, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Educación básica de adultos (quenda de mañá e de tarde-noite):

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.