DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 05 de outubro de 2004 Páx. 13.521

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 2 de setembro de 2004 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Miño e Lobeira.

Polo Decreto 185/2004, do 22 de xullo (DOG nº 153, do 9 de agosto), desafectáronse varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Miño e Lobeira.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alleabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Soar no sitio de Regueiro, hoxe rúa Regueira nº 2b, parroquia e municipio de Miño, de 19,2 m de longo, por 9,9 m de largo, que fan un total de 190,08 m. Estrema: norte, estrada; sur, camiño de carro de Miño á Feira de Tres; leste, herdeiros de Manuel López Blanco; e oeste, máis de Celso Otero Díaz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 735, libro 102, folio 156, predio nº 5.559, inscrición 3ª.

2. Edificio de planta baixa de 171 m, construído sobre un soar de 240 m de superficie, no sitio de Toural da Feira, hoxe rúa do Toural, nº 1, nas proxi

midades da casa de Delfín Díaz Fernández e irmáns. Estrema polo norte, sur, leste e oeste, con masa sobrante da vía pública.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Bande no tomo 304, libro 33, folio 84, predio nº 5.635, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda