DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 04 de outubro de 2004 Páx. 13.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de setembro de 2004 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Para satisfacer a crecente demanda das ensinanzas de música creouse o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela por Decreto 184/2004, do 22 de xullo (DOG do 5 de agosto).

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro (DOG do 19 de xaneiro de 2004), en aplicación do disposto no artigo 2 do decreto de creación e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de

Compostela, segundo os datos que figuran no anexo á presente orde.

Segundo.-Este centro impartirá as ensinanzas dos graos elemental e medio de música previstas no artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro).

Terceiro.-Autorízanse as direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa, de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e de Persoal para adoptar as medidas necesarias para a execución do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: r) Monte dos Postes, s/n.

Denominación: Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Código centro: 15032418.

Ensinanzas autorizadas: grao elemental e grao medio de música.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL