DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DOS VALES DO ULLA E UMIA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade Intermunicipal dos Vales do Ulla e Umia (Pontevedra). Expediente número 2/2004.

2. Obxecto do contrato: prestación dos servizos de elaboración dunha auditoría de sostibilidade para a implantación da Axenda Local 21 na Mancomunidade Intermunicipal dos Vales do Ulla e Umia.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación: 55.680 euros.

5. Garantía provisional: 11.136 euros. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría da Mancomunidade Intermunicipal dos Vales do Ulla e Umia, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de trece días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ao primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación exixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase consonte o seguinte modelo:

«Don/Dona..., con DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), informado/a da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia nº..., de data..., toma parte nel comprometéndose a realizar a asistencia técnica para a elaboración dunha auditoría de sostibilidade para a implantación da Axenda Local 21 na Mancomunidade Intermunicipal dos Vales do Ulla e Umia, no prezo de... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, consonte o prego de cláusulas administrativas e técnicas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Valga, ás 12.00 horas do quinto día seguinte hábil ao do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Valga, 8 de setembro de 2004.

José María Bello Maneiro

Presidente