DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase poxa para a contratación das seguintes obras, conforme as características que se sinalan no anexo.

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Ourense.

b) Dependencia: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas no anexo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ao comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Ourense.

b) Enderezo: rúa Progreso, nº 32.

c) Localidade e código postal: Ourense 32003.

d) Teléfono: 988 38 51 27.

e) Fax: 988 38 51 84.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ao final do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a sinalada na relación anterior.

b) Solvencia económica, financeira e técnica ou profesional: a solvencia económica e financeira xustificarase mediante informe dalgunha institución financeira ou bancaria. A solvencia técnica acreditarase mediante a relación das principais obras feitas nos últimos cinco anos, incluíndo importes, datas e beneficiarios públicos ou privados destas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 9.00 a 14.00 horas.

1ª Entidade: Deputación Provincial de Ourense.

2ª Enderezo: rúa Progreso, nº 32.

3ª Localidade e código postal: Ourense 32003.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 10 días desde a apertura de plicas.

e) Non se admiten variantes ao proxecto aprobado.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Ourense.

b) Enderezo: rúa Progreso, nº 32.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: segundo prego de condicións.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Correrán a cargo dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: as especificacións no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

Ourense, 22 de setembro de 2004.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense

ANEXO

ObraOrzamento

(A)

Prazo

execución

Clasificación

exixida

Nº 82 Plan base 2004 mell. acc. A Veiga treito illa-gasolineira (A Veiga)89.2354 meses--

Nº 404 POL 2004 C.V. 205 Barra de Miño-A Peroxa (A Peroxa)85.0004 meses--

Nº 406 POL 2004 C.V. 1 pte. Sevilla-Celanova (San Cibrao das Viñas)220.0004 mesesG-6-d

Nº 410 POL 2004 C.V. 342 Piñor-Toén por Mugares (Toén)333.0004 mesesG-6-d, E-1-c, G-4-c