DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme ás características que se sinalan no anexo.

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servizo de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ao comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ao comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

Ambas as dúas fianzas deberanse constituír na Tesouraría Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ao remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se indica no encabezado (de ser exixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10.00 a 14.00 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ao proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Exixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ao de remate do pazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

12. Financiación.

As obras do programa operativo local, obxectivo 1 que figuran nesta relación financiáronse nun 70% con fondos Feder da Unión Europea.

Lugo, 24 de setembro de 2004.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

ANEXO

ObraOrzamento

(A)

Prazo

execución

Clasificación

exixida

Nº 391 POL 2004 Friol.-Reposición condución auga desde depósito Ramelle a núcleo urbano (Friol) e conexión a Candaide144.242,906 meses

Grupo E)

Subgrupo 1)

Categoría c)

Nº 396 POL 2004 Riotorto.-Acdtº da zona recreativa do Mazo100.0006 mesesNon se exixe

Nº 397 POL 2004 O Saviñao.-Saneamento núcleo poboación da Paxara e prolongación avda. Buenos Aires148.179,916 meses

Grupo E)

Subgrupo 1)

Categoría c)

Nº 395 POL 2004 Ribadeo.-Saneamento do núcleo de poboación de Ove85.902,873 mesesNon se exixe

Nº 388 POL 2004 Xove.-De Xove por Monte a Valcarria, mellora de seguridade p.k. 1,40-3,00120.0003 mesesNon se exixe

ObraOrzamento

(A)

Prazo

execución

Clasificación

exixida

Nº 399 POL 2004 Trabada.-Ampliación abstº de auga en Cima de Vila, Trabade, Santo Estevo, Trabadela e Sequeiro73.179,256 mesesNon se exixe

Nº 131 POS 2004 Paredela.-C.P. de Pacios por Aldosende a Currelos. Alargamento e mellora p.k. 0,30-0,9078.0006 mesesNon se exixe