DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 6 de setembro de 2004, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle da rúa Ensino, s/n, Agro de Quintáns, Rubiáns, redactado polo arquitecto Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez e promovido por Helicor, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito estudo de detalle estará exposto ao público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 10 de setembro de 2004.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde