DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

ANUNCIO de adxudicación.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, este concello acordou publicar as adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan.

1. Poxa pública para a contratación da obra de saneamento en Frinxo.

Orzamento de licitación: 123.239,90 A.

Adxudicación: 92.400 A.

Empresa adxudicataria: Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

2. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación da obra de pavimentación na rúa Cuenca, tramo de Antero Rubín.

Orzamento de licitación: 287.303,21 A.

Adxudicación: 287.303,21 A.

Empresa adxudicataria: Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA).

3. Concurso público por procedemento aberto, para a contratación da obra de instalacións na rúa Cuenca, tramo de Antero Rubín.

Orzamento de licitación: 232.182,18 A.

Adxudicación: 232.182,18 A.

Empresa adxudicataria: Eiriña, Empresa Constructora, S.L.

Tui, 13 de agosto de 2004.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde