DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

APROBACIÓN definitiva do estudo de detalle do polígono UEI-7.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 27 de agosto de 2004, aprobou definitivamente o estudo de detalle da unidade de execución integral UEI-7, promovido pola comisión xestora da UEI nº 7 e redactado polos arquitectos Mateo Miyar Oláiz e Gonzalo Serantes Galdeano.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase no BOP o texto íntegro da normativa urbanística, así como o índice de planos do estudo de detalle definitivamente aprobado.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sada, 27 de setembro de 2004.

José Emilio Gómez López

Alcalde accidental