DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia faise público que o Pleno da Corporación, en sesión do 30 de xullo de 2004, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle redactado polo arquitecto Jorge Alonso de la Fuente para a ordenación de volumes das parcelas A (A, A, A, A, A) e A', na UA-14 en Area, San Pedro.

Contra o citado acordo podrá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde a publicación deste anuncio no DOG. Todo iso sen prexuízo de que poida exercerse calquera outro que estime procedente.

Nigrán, 9 de agosto de 2004.

Alfredo Rodríguez Millares

Alcalde