DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión levada a cabo o día 14 de setembro de 2004, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do sistema xeral viario da conexión C-646 (estrada de Catabois) co CP-3603

(estrada de Covas) e someter o citado estudo a información pública polo prazo dun mes de acordo co establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 20 de setembro de 2004.

O alcalde

Rubricado