DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, na sesión que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2004, aprobou definitivamente o Plan parcial de ordenación do sector PP-1-R O Bertón, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

En cumprimento do disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na data do 3 de xuño de 2004 foille remitida á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda unha copia autenticada de dous exemplares do instrumento de planeamento aprobado definitivamente cos planos e documentos que o integran.

Segundo o disposto no número 2 do artigo citado, o texto íntegro da normativa e as ordenanzas publicaranse no BOP.

Contra o acordo de aprobación definitiva do Plan parcial de ordenación do sector PP-1-R O Bertón, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 16 de xuño de 2004.

Juan Juncal Rodríguez

Alcalde