DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

ANUNCIO de concurso para adxudicar o servizo de consultoría e asistencia para a realización da cartografía analítica do concello de Carral.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Carral.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de consultoría e asistencia para a realización da cartografía analítica do concello de Carral.

b) Prazo de execución: dous meses desde a formalización do contrato.

3. Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto ordinario.

4. Orzamento base de licitación: 24.090 A, IVE incluído.

5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Carral, Campo da Feira, s/n, 15175.

Teléfono: 981 67 00 02, fax: 981 67 22 82.

b) Data límite para obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

No rexistro xeral do concello dentro do prazo de trece días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG ou BOP en horas de 9.00 a 15.00 de luns a venres, na forma sinalada na cláusula III.2 do prego de cláusulas administrativas particulares. Se o último día fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

8. Apertura das ofertas.

A apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de licitación das ofertas (agás os sábados, que pasará ao luns seguinte).

9.Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Carral, 21 de setembro de 2004.

José Luís Fernández Mouriño

Alcalde