DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión de data vinte e cinco de xuño de dous mil catro, o texto do convenio urbanístico entre o Concello de Caldas de Reis e José Manuel Guerra Martínez, en n/r de Dosemas, S.L., que afecta a parcela sita na esquina rúas A Pena e José Salgado, conforme o establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Caldas de Reis, 26 de agosto de 2004.

José María Tobío Barreira

Alcalde