DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial de solo urbanizable residencial número 4 (SU-R-4) do Concello de Barro.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2004, aprobou definitivamente o Plan parcial SU-R-4 do concello de Barro, logo da incorporación ao documento das observacións do redactor do plan en contestación aos informes sectoriais pertinentes e da resolución das reclamacións que se formularon.

Con data do 17 de setembro de 2004, remitíuselle á Dirección Xeral de Urbanismo da CPTOPV copia completa do expediente e dous exemplares do documento aprobado definitivamente.

Segundo dispón o artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público o citado acordo.

O Plan parcial SU-R-4 non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto no BOP de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, redacción dada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no artigo 65.2º da citada lei.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coide oportunos.

Barro, 20 de setembro de 2004.

José Antonio Landín Eirín

Alcalde