DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María López Piedra.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 366/2004 (procedemento abreviado) interposto por María López Piedra contra a Resolución do 28-5-2004 (DOG nº 107, do 4 de xuño) pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, na categoría de celador.

A recorrente pretende que se lle outorguen 30,900 puntos no lugar dos 22,200 obtidos no epígrafe de experiencia profesional do concurso da fase de selección, pasando a ocupar o posto número 202 de listaxe definitiva de aprobados nesta fase e, por conseguinte, que se lle recoñeza o dereito a ser declarada en expectativa de destino.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2004

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos