DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2004, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Alfredo Túñez López.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 419/2004 (procedemento abreviado) interposto por Alfredo Túñez López contra a Resolución do 28-5-2004 (DOG nº 107, do 4 de xuño) pola que se fai público o acordo do tribunal cualificador que declara a superación definitiva da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego previsto na Lei 16/2001, do 21 de novembro, na categoría de celador.

O recorrente pretende que se anule a resolución impugnada e que se lle outorguen 45 puntos polos servizos prestados acreditados e 5 puntos, no lugar dos 3 obtidos, na epígrafe de formación do concurso da fase de selección.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos