DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 01 de outubro de 2004 Páx. 13.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2004 pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de xullo de 2004, polo que se aproba o proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico do salto de Gomil no río Mandeo, nos concellos de Aranga e Curtis (A Coruña), promovido pola sociedade Técnicos Asociados Gallegos, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 13 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e o artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, este organismo autónomo dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 22 de xullo de 2004, do que de seguido se reproduce a súa parte dispositiva de xeito literal:

«Aprobar o proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico do salto de Gomil no río Mandeo, nos concellos de Aranga e Curtis (A Coruña), promovido pola sociedade Técnicos Asociados Gallegos, S.L.

As determinacións contidas no proxecto teñen forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecen sobre as determinacións do planeamento urbanístico, conforme o establece o artigo 11 punto 1º do Decreto 80/2000.

De conformidade co artigo 24 da Lei 10/1995 e co 11 punto 2º do Decreto 80/2000, os concellos deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto sectorial. A devandita adaptación realizarase nos prazos que determina o proxecto.

Conforme o establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, decláranse de utilidade pública, para efectos expropiatorios, os bens e dereitos precisos para a súa execución».

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2004.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia